UN PROXECTO DE AUTOXESTIÓN SOCIOCULTURAL: CESTOLA NA CACHOLA, S. Coop. Galega


Manuel Adame

Nome: Cestola na cachola

Quen son? Unha cooperativa sen ánimo de lucro formado por tres persoas

Onde están? Na web www.cestolanacachola.org

Que fan? Ilustración, pintura, muralismo, obradoiros, charlas…Que é Cestola na Cachola?

Cestolana Cachola, S.Coop. Galega éun proxecto deautoempregocolectivo sen ánimo de lucro, formado por un grupo de tres persoas que vimos de traballar nos eidos da ilustración, a pintura e omuralismo(XoanaAlmare Miguel Peralta) e tamén moi enredadas en movementos sociais e entidades de economía social e solidaria galega (RaquelDoallo). Nace formalmente como cooperativa en setembro de 2013.

Que servizos e actividades desenvolvedes enCestolana Cachola?

No eido da pintura ofrecemos murais,reproduciónsde cadros e ilustracións. Contamos con varios libros publicados, principalmente coa editorial galegaTriquetaVerde: o último deles, Chímpate, Pepa!, baséase na historia dun corvo mariño femia chamadaPepaque vive nas IllasCíese está enmarcada nun proxecto de divulgación e protección da flora e fauna das Illas Atlánticas.

Os murais son tamén unha das nosas liñas de traballo máis importantes: realizamosmurais por encargopara empresas, particulares e administracións públicas.

Traballamos ademais unha liña de moda ética como estratexia de promoción do consumo responsable. En Galicia non hai apenas alternativas de acceso a roupa e complementos cunha garantía de respecto aos dereitos das persoas traballadoras das fábricas téxtiles, tecidos ecolóxicos, segunda man de boa calidade… En parte, foi esa unha das causas de querer desenvolver este proxecto, xa que nós mesmas como consumidoras atopabámonos cunha alta dificultade á hora de consumir roupa de xeito responsable. O que facemos éserigrafar os nosos deseños sobre prendas producidas baixo criterios de comercio xusto, así como promovermos areutilizaciónda roupa (segunda man).

Estamos en contacto con entidades que xa levan tempo traballando nesta liña. En xaneiro iniciaremos a nosa participación nun proxecto formativo co que se persegue crear unha rede de colaboración e traballo no campo da moda ética en Galicia. Certamente é un sector moi castigado polas consecuencias do sistema capitalista e é preciso darlle unha volta ao mercado téxtil no noso territorio. Por agora e previamente ás perigosas rebaixas de xaneiro, nós estamos xa lanzando algunhas novidades de moda ética na nosa tenda online e puntos de venda.

No eido da sensibilización, enCestolana Cachola ofrecemos obradoiros e charlas de formación e divulgación arredor da economía social e solidaria, o cooperativismo e o consumo responsable.

Por que os murais son unha liña tan importante enCestola na Cachola?

O mural achega outra dimensión e lectura aos espazos, é un medio de expresión moi forte e interesante que permite unha experimentación de formas, texturas, técnicas e cores infinita. Levamos anos traballando cunha estética propia que vai evolucionando en cada obra e que busca adaptarse aos ámbitos no que se desenvolve. Gústannos especialmente os murais na rúa porque as posibilidades de xogo e experimentación son mais amplas. Ademais, é un orgullo poder levar as nosas obras aos espazos comúns da cidadanía.

Por que escollestes o nome Cestola na Cachola?

Pousar acestolana cachola” é precisamente a reflexión que buscamos a través de todo o que facemos: consumir dun xeito responsable, mostrar o cooperativismo como alternativa ao capitalismo… Por iso temos unha liña de moda ética, por iso cremos no mural como unha maneira de revitalizar as nosas rúas… e por iso nos chamamosCestolana Cachola. Tamén pensabamos que era preciso atopar un nome que achegase certos conceptos dun xeitopróximoe sinxelo. E o noso “logo”, unha muller galega cunha cesta na cabeza, dá unha idea bastante clara tamén dos nosos valores, comprometidos co rural,o empoderamentodas mulleres, a mestura da modernidade e a tradición…

A que tipo de público vos dirixides?

A un dobre “público obxectivo”:por un lado, ás persoas sensibilizadas na importancia de consumircon cacholapara ofrecer unha opción atractivae coherente coas súas necesidades de consumo de arte e roupa; por outro, á cidadanía en xeral, nun obxectivo de sensibilización en valores para promovermos a economía social e o consumo responsable.

Na vosa páxina web explicades a vosa elección de serdes unha empresa constituída como sociedade cooperativa sen ánimo de lucro…

Si, foi unha elección que forma parte da propia filosofía de Cestola na Cachola. O activismo en diversas entidades sociais levounos dun xeito natural a constituírmos a nosa empresa baixo a fórmula cooperativa, nun momento no que o traballo por conta allea en Galicia non nos permitía desenvolver un proxecto coma o noso e tendo especial interese por manter unha metodoloxía de traballo colectiva, democrática e igualitaria. Somos unha cooperativa de traballo asociado, o cal significa que as persoas socias (propietarias) da sociedade, tamén traballamos nela, dando lugar a un duplo rol que nos fai implicar máis no desenvolvemento dos obxectivos da cooperativa. Estes obxectivos parten de crear un posto de emprego digno para as persoas socias, máis aló do enriquecemento particular: somos unha cooperativa sen ánimo de lucro xa que o noso obxecto social é promover os valores do consumo responsable e a economía social e solidaria entre a cidadanía galega.

Como traballa o equipo de Cestola na Cachola?

Non temos unespazopropio físico aberto ao público senón que traballamos con ferramentas como a tenda online e a través de espazos como feiras, encontros afíns eos nosos puntos de venda (enPanxea, Compostela; e enUltra_Alimento, Lalín)… Se temos un encargo dun mural ou un deseño, desenvolvemos o proxecto en colaboración cos/as clientes/as para atopar a imaxe adecuada e tras isto podemos pasar varios días pintando. Na liña téxtil traballamos en colaboración co estudo de serigrafía DoParanáen Compostela, e recentemente coa cooperativa Pegadas, S.Coop. Galega de A Coruña.

Traballades só en Galicia? Con que redes colaborades?

Principalmente, traballamos enGalicia.Cestolana Cachola é un proxecto itinerante centrado na difusión no territorio aínda que con previsións de colaborar con redes de máis espazos. Temos previsto participar no Círculo de Belas Artes no Encontro Internacionalde Xestión Cultural organizado pola Fundación Contemporánea, xa que somos un dos 10 proxectos seleccionados no concurso Premios 10×10 deemprendementocultural. En Galicia, no curto prazo, unirémonos a outras redes de xeito máis formal especialmente arredor da economía social e solidaria e as finanzas éticas e, por suposto, nos eidos da ilustración, omuralismoe a pintura.

Como iniciativa de autoxestión, que aprendestes neste curto tempo de andaina como cooperativa?

Aprendemos que pensar en colectivo facilita, tamén para as iniciativas de autoemprego, unha constante mellora das mesma. A única maneira de crearmos conciencia crítica é traballando en colectivo, por tanto a ferramenta da empresa cooperativa é o noso gran descubrimento do 2013. Estamos felices e co convencemento de que o 2014 será un bo ano para a nosa cooperativa.

Máis información:www.cestolanacachola.org

Email:info@cestolanacachola.org

Tfno: 679 34 25 62

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Contra a crise, autoxestión. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s