Un país de vagalumes


Daniel López

Non sabemos a riqueza que temos. A riqueza humana. A creatividade, a resistencia, a imaxinación feita acto, a arte de vivir.

Na festa do lume de Irimia xa o comprobamos cunha mesa de iniciativas que fan país. Xente que se organiza aquí e alá para distribuír e comercializar alimentos producidos aquí, para que cheguen antes e mellor aos consumidores, como os da cooperativa Zoca Miñoca na Coruña.

Mulleres dos Ancares que dan un paso adiante e se organizan en cooperativa de servizos para ofertar aos de fóra o mellor que teñen: o territorio no que viven e que é así de fermoso precisamente por esa maneira como os seus devanceiros o habitaron desde tempo inmemorial.

Xente nova que se move para que non haxa xente sen casa e casas sen xente. Asociacións que se organizan para crearen una banca ética, que non vexa nos nosos aforros un Botín –digo botín, con minúscula- co que financiar o impresentable e especular nos “mercados” que afunden países e deturpan os sistemas de protección dos débiles. Grupos e comunidades de raíz veciñal, como o CDS de Coia, que acollen os excluídos, as expulsadas pola Gran Estafa, e danlles apoio, razóns, argumentos e unha oportunidade de quererse e de estimarse e non sentirse parte do fracaso presente, senón da solución futura.

E hai moitos máis grupos, máis soños en acción, removendo persoas e conciencias. En clave de aproveitar recursos desaproveitados e mesmo desprezados do noso rural; en clave de creatividade artística autoxestionada para xente nova (como os de Cestola na Cachola, que van neste número); en clave de acción solidaria; de cooperativas que innovan; de grupos que investigan; de acción solidaria.

Ah!, sen esquecer ao crego Patiño, que é un tipo bravo, e que vén de promover en internet unha campaña de recollida de sinaturas para que os corruptos non só sexan condenados, senón que devolvan a pasta.

Cómpre conectar todo iso, facelo visible. Son os vagalumes que anuncian que a noite non pode ter a palabra definitiva. Son a mostra de que podemos quererlle á terra nosa e con ela, querernos un pouco máis, darnos biquiños, crer nas nosas posibilidades.

Parafraseando ao Mio Cid: Que bo país se houbese bo goberno.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Trasno. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s