Galicia é unha mina de beleza


Daniel López

Se o esteiro do Anllóns non existise, habería que inventalo. O que sería imposible.

Imposible? É un dicir, xaora; o de imposible só o pensarán aquelas e aqueles que son quen de emocionarse coa beleza en estado puro, esa que nunca arremedaría a man humana nin os seus bulldozers. Pero non a todos lles foi dado ese don. Hai quen está certísimo de que unha paisaxe máis desas, tan aburridas, tan comúns en Galicia, sería perfectamente descontaminable e reconstruíble, por calquera Fadesa amiga ou,  moito mellor, onde imos parar,  por un voluntarioso Adelson, o magnate de Eurovegas.   Tamaño esteiro temático nos montaría!,  con casinos e cabarets,  …que abundansia, que glamour o dun EuroBergantiños, “Complejo Multiocio del Anllones”, resultado, algo así, dun futuro Plan de compensación Mineira, financiado con fondos europeos. Xogada completa.

Efectivamente, a sensibilidade, a capacidade de emocionarse diante de tal fermosura non lle é dada a todos.  Normalmente son os mesmos

 que non senten a máis mínima emoción diante da linguaxe milenaria que ecoa nesa mesma paisaxe: a emoción da fala enxebre, dos nomes do que existe,carqueixas, santiaguiños, arneirón. Hainos, e con moito poder,  –dixéronmo de boa fonte- que se emocionan moito máis por unha conta en Suíza, por un quilo de ouro ou por un iate ben equipado no que sentirse pijo por un día.

Por iso que a mina de Corcoesto non vai exactamente de política. Isto vai de poesía, contemplación, emoción. Ou non lle hai que facer. A emoción de sermos parte da beleza, a que che atravesa o miolo dos osos, un finísimo arrepío, unha descarga de salvación. E, por que non, a emoción da tradición, desa que invita a ser radical e naturalmente conservadores, conservadores de tesouros. O cálculo político xa está absolutamente envilecido. Mentira e táctica propagandística. Pero isto é outra cousa. Eles e elas non o entenderán nunca.

Por iso presentan estimacións ridículas. Están dispostos a sementar de cianuro e arsénico o esteiro para obter 1,6 gramos de ouro por cada tonelada de rocha removida a ceo aberto. Por cada quilo de ouro, 128 quilos de cianuro, e 4.000 toneladas de residuos. E, ademais, 1.111.000 litros de auga do Anllóns ao día. Falan de 271 empregos, a maioría de curta duración. Despois, o esteiro envelenado. E, quizais, o Eurobergantiños reparador.

Mesmo ignoran que a beleza está inzada de postos de traballo e potencia económica. Agraria, mariñeira, turística, medioambiental. Comparan o incomparable. Tanto lles ten.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s