Traballar en Alemaña


Non pretendemos fortificarnos no noso territorio, alimentando delirios de patriotismo económico. Tampouco apostamos polo provincianismo laboral que reclama como dereito traballar no mesmo barrio no que un se cría. O mundo é fantasticamente rico e plural cando é una opción, porén é amargo e cru cando se trata da única opción.

Da mesma forma que non é o mesmo ser turista ca refuxiado, aínda que en ambos casos nos despracemos, tampouco é o mesmo traballar noutro país ca emigrar. Absortos no mundo das aparencias, con demasiada frecuencia identificamos situacións opostas no fondo, malia ser parellas na forma.

A propaganda oficial pode con todo, como chamar mobilidade á emigración forzada e unidireccional, pero resulta un insulto á intelixencia que unha ministra do mesmo partido implicado na Gürtel e en no caso Bárcenas , nos “venda” un día, como un trunfo, o recorte ás políticas de inclusión activa e, o día seguinte, a fuxida a Alemaña da nosa mocidade.

Ir traballar a Alemaña de forma regular, organizada e ata conveniada será unha boa nova para moitos mozos ben preparados; será, porén, un mal menor ou case que un drama para todos aqueles que se ven obrigados a escapar dun país que segue esquecendo os fundamentos da riqueza das nacións.

Simplemente recortando gasto non se chega a ningures. Todos, absolutamente todos os sistemas económicos que ata hoxe fomos quen de poñer en marcha basean o seu desenvolvemento na educación e no investimento. Se non se inviste non se aforra, atesóurase. Atesourar ten un especial encanto para moitos galegos, por iso o noso goberno acada tanto consenso simplemente dicindo que non gasta, aínda que ese non debería ser o obxectivo de ningún goberno, para iso están, ou deberían estar os bancos.

Mentres non saibamos onde queremos ir como sociedade, temos claro onde acabaremos: en Alemaña.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s