Lincoln


Pedro Pedrouzo Devesa

Na película Lincoln de Steven Spielberg, hai un momento no que o protagonista se enfronta a una dificilísima tesitura, ten que decidir entre asinar a paz cos confederados ou abolir a escravitude.

Apostar pola abolición da escravitude suporía continuar cunha guerra civil que, aínda que pronta a rematar, aínda provocaría miles de mortos máis. Vencendo a resistencia do seu partido (el era republicano), Lincoln decide apostar por unha votación para a que necesitará convencer a varios congresistas demócratas. As artimañas para acadar eses votos aínda hoxe están tipificadas como delito, e farían inconcibible que esa votación tivese o apoio de moitos cidadáns de calquera país. Porén, Lincoln conseguiuno e a escravitude aboliuse.

Ese debeu ser o día no que se consolidou a tan famosa como terrible frase de que o fin xustifica os medios. Unha frase alternativa é: para facer unha tortilla hai que romper ovos. Non pretendo competir coa sección de Lidia e Valentina, porque entre outras cousas estas frases non teñen nada de enxebres, e son máis importadas que lugareñas, pero pensaba o reconforto que deben dar a moitos políticos que arbitran medidas salvaxes en aras dun futuro mellor.

As reformas económicas coas que ensaian os nosos políticos nos últimos tres anos para saír da recesión pertencen a esta escola de pensamento. Os nosos gobernantes pensan que a solución está no sacrificio, poción de fonda raizame cristiá e se se me permite mesmo pagá. Esperar que a nosa recuperación virá cando os traballadores deste país non teñan máis remedio que aceptar traballos no que se lles paguen catrocentos euros mensuais (porque xa está ben de que o subsidio do paro ou as axudas da familia faciliten a molicie de tanto acomodado que non quere dar un pau á auga), é unha idea tan obtusa como vergoñenta. Tanto que non se atreven a expresala nin en público, polo menos Margaret Tatcher (que en paz estea) non nos mentiría, sabiamos o que había.

Para nada quero comparar aos nosos gobernantes cun estadista como Lincoln que tiña a capacidade de mirar a medio e longo prazo, e que se enfrontou a dúas desgrazas impostas e inseparables (a guerra e a escravitude).

Porén, os nosos gobernantes non teñen capacidade nin a curto, nin a medio nin a longo prazo. Tiñan unha desgraza imposta (a recesión) e acompañárona doutra (o paro).

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Política. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s