Para que serve un parlamento?


Mentres que os políticos parecen incapaces de afrontar a situación na que nos encontramos, os cidadáns decidiron aumentar o volume e a intensidade das súas protestas: da rúa están pasando ás institucións. Moitos parlamentarios, temerosos, prefiren enrocarse, blindando unha institución que por definición debería parlamentar sobre os problemas que vive o pobo que representa. Outros apoian aos que teñen mil motivos para queixarse.

Temos un problema cos parlamentos. O que debería ser o foro máis aberto, a caixa de resonancia do pobo soberano, foi domesticado pouco a pouco polo executivo. O equilibrio entre poderes resíntese. É a coñecida “preeminencia do executivo” –o goberno- sobre o lexislativo. Así, as cámaras perderon sentido e, sobre todo, interese para os cidadáns. A disciplina dos partidos é directamente proporcional ao aburrimento parlamentario. Levamos anos de deriva nesa dirección. E esa dirección, non o debemos esquecer, levou á Europa de entreguerras aos fascismos. Ademais, os medios de masas non poden substituír aos parlamentos como foros de debate, porque nós non eliximos democraticamente os propietarios nin os directores dos xornais e ignoramos os intereses privados aos que serven.

Que os conflitos “se noten” nas institucións non equivale, porén, a que os partidos da oposición se convertan en movementos sociais. A oposición está aí para propoñer unha alternativa política. A súa capacidade está así posta a proba: son quen de propoñer alternativas claras e serias ao presente? En caso de que non, a mediocridade que reina na dereita non pode estar máis satisfeita. Se a esquerda esquece a súa dimensión política e se transmuta en simple movemento social, dimite da súa principal función: ser quen de afrontar a crise a través dunhas institucións que fan posible o debate democrático e o progreso social.

Necesitamos debates, propostas e pactos entre os partidos sobre as políticas públicas que nos poidan sacar da depresión económica e que orienten o gasto público cara os sectores que máis poden dar a sociedade en retorno (que non son precisamente o deporte profesional, as paparotas populares ou os gabinetes de prensa e as súas propagandas). Esta parte da vida parlamentaria é a máis imprescindible.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial, Política coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s