A listaxe de Falcani


Daniel López

Hervé Falciani, agora en prisión.

Grazas a unha persoa que supostamente infrinxe a lei, os Estados de Francia, España e Italia, conseguen detectar a unha manchea de defraudadores fiscais.

Non é un caso calquera senón toda una revelación diso que se berra con sobrada razón no movementos 15-M: fixeron que o impresentable perecese imprescindible.

A historia é tal que así: Hervé Falciani traballaba de informático no banco suízo HSBC, unha poderosa e sombriza institución que ten especial atracción por capitais e diñeiros negros dos cinco continentes. Alí fíxose cunha listaxe de clientes entre os que, non por casualidade, abundaban os casos de fraude fiscal. E esas listaxes entregoullas ás autoridades tributarias francesas, que fixeron bo uso delas. O tal Falciani acabou un bo día, detido en España. E Suíza solicitou a extradición.

A impoluta democracia Suíza está edificada sobre un fraude fiscal masivo, non dos seus cidadáns, senón dos capitais que gardan os seus bancos. O segredo bancario que financia esa sociedade perfecta convértea de feito nun refuxio para evasores fiscais, dictadores sanguinarios, traficantes e expoliadores de toda caste. O segredo bancario de Suíza é un escándalo que oculta demasiados crimes e demasiadas insolidariedades. Por iso ese segredo sufriu moitas críticas e pouco a pouco vai sendo “recortado”, pero cunha irritante lentitude, máis aínda agora, cando os recortes afogan as clases populares europeas.

Grazas a Falciani, Francia puido identificar a 3000 defraudadores fiscais, e non precisamente de pouca monta. Grazas a Falciani os xuíces do caso Gürtel puideron seguir a pista de certos capitais froito da corrupción política da rede. Grazas a esas listaxes, a Fiscalía de Roma iniciou unha investigación de famosas figuras da arte e o deseño.

O caso pon enriba da mesa un vello debate entre a lei inxusta e a ética. O entramado legal deste capitalismo globalizado é implacable con uns, pero tremendamente protector dos de sempre.

Falciani está agora na prisión de Valdemoro e as autoridades españolas deben decidir se o extraditan a Suíza. E o goberno de Rajoi debe estar feito un enguedello, porque se despois de favorecer unha amnistía aos defraudadores, castiga a un colaborador activo na loita contra o fraude, vai converter a este informático nun novo heroe e mártir das loitas na rúa. Máis lle valera deixalo escapar pola porta de atrás de Valdemoro e poñelo de asesor clandestino, baixo segredo de estado, na Axencia Tributaria.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s