Ciencia e fe, o diálogo necesario



Este ano o XXVII Foro Encrucillada está dedicado ao noso amigo e compañeiro Bernardo García Cendán, membro do consello de Encrucillada dende a primeira hora, falecido o pasado mes de xuño. A el dedicaremos tamén a celebración coa que imos rematar, e que será unha homenaxe á súa vida e entrega gratuíta e silenciosa.

O Foro leva por título Ciencia e fe, o diálogo necesario, e vainos servir para afondar nas relacións entre o saber científico e o saber relixioso. O Bosón de Higgs que campa polo cartel, a mal chamada “partícula de Deus” é un bo símbolo dos achegamentos e os conflitos entre estas dúas disciplinas.

Ímolo celebrar o próximo sábado 27 de outubro dende as 10 da mañá, nunha nova sede, o salón de actos do CERSIA, no Barrio de San Lázaro, en Santiago. O horario vai ser o seguinte:

10:15h Presentación a cargo de Ramón Cao

10:30 Andrés Torres Queiruga vainos introducir no diálogo entre relixión e ciencia dende a súa prespectiva histórica.

12:00 Descanso

12:30 Carlos Pajares Vales, catedrático de Física da USC e delegado científico en España do CERN (Centro Europeo de Investigación Nuclear), falaranos de cosmoloxía e fin do mundo, do encaixe entre as cosmoloxías científicas e a cristiá.

14:00 Descanso para xantar, que se poderá facer nos restaurantes próximos á sede do Foro. Ese día informaremos de posiblidades e prezos.

16:30 Presentación de libros: Os salmos hoxe, de Manolo Regal, Un Deus así é o deus en que eu creo, de A. Torres Queiruga e Repensar a teoloxía, recuperar o cristianismo, libro homenaxe a Andrés Torres Queiruga, editado por Pedro Castelao e Xosé Manuel Caamaño.

17:00 Camino Cañón Loyes, directora da Cátedra Ciencia, Tecnoloxía e Relixión na Universidade Pontificia Comillas, falará de novos ateísmos.

18:30 Celebración-homenaxe a Bernardo García Cendán

19:00 Remate.

Despois de cada intervención haberá un tempo de clarificación e diálogo.

A matrícula para este Foro ten un prezo simbólico de 10 euros, e aboarase no momento da inscrición, ao inicio do Foro. Para quen chegue de fóra de Santiago, o CERSIA está na rúa alcalde Raimundo López Pol, entre a rúa de San Lázaro e o campo de futbol dese barrio. Tentaremos poñer carteis indicando as desviacións dende o camiño francés. Nas inmediacións do CERSIA hai espazo para aparcar. Esperámos poder contar coa vosa presenza e as vosas achegas neste sempre actual e controvertido tema.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Noso taboleiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s