O convite que nos fai don Avelino


Cerrado este número aconteceu o pasamento de Avelino Pousa Antelo, do que os medios fixeron diversas  mencións durante estes días.  Incluímos, logo, este editorial, porque a figura de don Avelino, mestre e motor de cambio en Galicia é especialmente querida por Irimia.

Don Avelino non era precisamente un intelectual –como reiteradamente insistía a radio galega- senón un home de militancia e acción. Por desgraza a palabra “intelectual” foi capturada polo discurso da dereita más cavernaria e pasou a ter un aquel “sospeitoso”, de persoa que non pisa a terra e que se dedica a elucubracións irrealizables nos salóns exclusivos dunha prescindible “intelectualidade”.

A lección de Pousa Antelo –como a de Paz Andrade e Illa Couto- é que eran galeguistas eficaces. Unha lección que dura unha vida enteira. Edificada sobre feitos e non sobre declaracións nin poses.

Pousa Antelo quedou engaiolado por Castelao un día de maio de 1931 no teatro principal de Santiago. E morreu sendo presidente da Fundación Castelao. O que dura, perdura. Cómpre facelo perdurar. Pousa Antelo formou parte activa das Mocidades Galeguistas e do galeguismo republicano. Tras o trauma da guerra civil e da represión, chegan os anos escuros e reaparecerá coma un impulsor da transformación agraria de Galicia. Enfoca todas as súas enerxías á reorganización do agro, á formación de cooperativas que fagan a nosa economía agraria viable e competitiva e forma a varias xeracións de promotores de cambio.

Nos últimos anos don Avelino rebelouse contra as decisións desta Xunta de Galicia, especialmente contra o seu evidente cinismo na cuestión lingüística, plasmado nun abandono real de calquera apoio activo á lingua galega, un apoio imprescindible para dar un futuro ao noso pasado.

A angueira de don Avelino, unha Galicia máis soberana, un agro solvente en mans de produtores galegos ben organizados e unha lingua galega normalizada e útil, é a nosa angueira.

Don Avelino convídanos: cómpre seguirmos facendo camiño.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s