O diñeiro público que estaba en Bankia


O diñeiro público que estaba en Bankia –en forma de participacións polas que o Estado ía recibir uns xuros do 8%– pasa a converterse en accións. Desa maneira o coñecido como banco do partido popular pasa a ser unha banca pública.

 

Non é o mundo do revés. É máis ben a xa coñecida solución da dereita, a de “socialización das perdas e privatización dos beneficios”. Cando a cousa vai mal, a banca privada e a dereita política reclaman que o Estado –cos cartos dos contribuíntes– interveña e se faga cargo de todo.

 

Resulta moi difícil que esas perdas asumidas polo Estado non acaben engordando o famoso déficit público. E o engorde do déficit é precisamente o gran argumento para suprimir servizos públicos, contraer o investimento estatal e das autonomías e facer o Estado Social menos social cada vez. Concretamente a broma esta de Rodrigo Rato vainos custar que o Estado teña inmobilizados 4.500 millóns de euros, tanto como valen os últimos recortes e axustes na educación pública.

 

Evidentemente, a banca non é “unha empresa máis”, senón o “sistema financeiro”, que é clave para o funcionamento das modernas economías. Por iso que na importancia do “rescatado” está a a gran coartada para o rescate. O que si resulta xa sospeitoso é por que, a estas alturas, e dadas as penurias que se están pasando en toda Europa, por que non hai máis voces reclamando que en todos os países ou Estados federados, comunidades autónomas, etc… non se obrigue, por directiva europea, a que exista unha banca pública forte, capaz de ser un instrumento de estabilidade e desenvolvemento local democraticamente programado. Mesmo o PSOE, a través do seu líder, insiste en que o Estado debe desfacerse das accións de Bankia máis adiante, sen perdas, pero non que deba manterse unha opción de banca pública con futuro.

 

Entre tanto, o aforro galego, na banca resultante do tormentoso proceso de fusión das caixas galegas, agarda no limbo da incerteza, agardando que alguén o teña en semellante consideración.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s