Mellor máis ca menos…


Lidia e Valentina

E vós votastes polo doodle de Valentín Paz Andrade no 17 de maio? Antes de avanzar, imos aclarar, por se alguén non o sabe, que o doodle é o nome que se lle dá aos logotipos alterados. En realidade é unha palabra que en inglés coloquial significa “facer garabatos”. Son famosos os doodle de Google, os usados para chamar á atención sobre algunha celebración, algún día especial… Supoño que vós, coma nós, quedariades sorprendidos/as con algunha efeméride. Nós imos comentarvos o que aprendemos na última que nos chamou á atención, un día calquera, cando nos dispoñiamos a preguntarlle unhas cousas a Google, coma tantas outras veces. Ao facer presión sobre o bocadillo que alí aparecía informámonos: había 101 anos que nacera Akira Yoshizawa, o mestre do origami xaponés. Interesante, mais tivemos que averiguar que origami é sinónimo de papiroflexia, só que a primeira ten unha orixe xaponesa (oru- papel ; kami- dobrar) e a segunda é a forma occidental de denominar esta mesma arte (papiro, do grego papyrus, papel; flexia, do latín flectere, dobrar). Así e todo non pensedes que esta técnica a inventaron os xaponeses, non, xa foran os chineses! E chegou a Xapón a través de Corea.

Pero volvemos ao fío no que estabamos, que… quixemos moitos que o 17 de maio Google puxese un doodle das letras galegas… a ver se así chegaba moitísima máis xente ao noso homenaxeado, e non quedaba nunha cousa só da escola e dos mestres. E falando de mestres… sabiades que a palabra “mestre” deriva do termo latino magister, e este, á súa vez, do adxectivo magis, que significa “máis” ou “máis que”? Era así o mestre aquel que estaba máis experimentado nunha actividade calquera, e por iso o mestre dirixe e ordena. Así tiñan o magister equitum, o xefe de cabalaría na Antiga Roma, o magister militum, que era o xefe militar… En latín non se refería ó mestre da escola, este era o litterator.

E o magister opoñíase en latín ao minister, que era o criado, o servente, que apenas tiña habilidades ou coñecementos, e estaba ás ordes do magister. Esta palabra deu en galego “ministro”, e nos tempos que corren resulta unha etimoloxía curiosa. Pero a lingua é así: minister procede etimoloxicamente do adxectivo minus, que significa “menos” ou “menos que”, é dicir, orixinariamente o ministro era menos có mestre… Hai que ver como mudaron os tempos!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Falando da lingua coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s