Supoño que coñecedes a Jorge Mira…


Xan Guillén

Supoño que coñecedes a Jorge Mira. É ese rapaz que cando fas “zapping” á hora da sesta aparece na TVG, no programa Cifras e letras, falando de matemáticas. É unha mágoa que o coñezas só por iso, xa que se trata dun rapaz de Baio que, polo que teño entendido, é un sabio do ámbito da Física (concretamente do electromagnetismo). A súa investigación trata sobre o comprensible tema das propiedades e aplicacións de nanopartículas de ferritas, anisotropías en filmes de vidros metálicos. Xa sei que a nosa universidade está chea de sabios coma el, nesa ou noutras áreas, pero o fantástico de Jorge é que unha das súas teimas é difundir a ciencia e achegala a todos. Por iso creou o programa Conciencia. Neste programa trae a Santiago fantásticos premios Nóbel das ciencias e dedícase a darlles a coñecer a nosa capital.
Os científicos quedan abraiados de Compostela e da nosa gastronomía. Ademais (e isto é o máis importante), durante o tempo de estadía dos sabios, ten reunións, conferencias… O último que chegou con este programa foi Sir Tum Hunt. Unha eminencia do ámbito do cancro. Creo que en total tivo en dous días unhas sete xuntanzas, unha delas cos médicos de oncoloxía do Hospital de Santiago.

Recoñezamos que a maioría de nós somos uns incultos en cuestións científicas, pero o esforzo que fai este rapaz por mellorar o nivel científico desta terra é un rumor de esperanza moi importante. Orgullosos do noso, aínda que non lle deamos a transcendencia que merece.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s