The man kills the thing he loves.


É un verso que estremece, escribiuno Oscar Wilde en A Balada do Cárcere de Reading. O home mata aquilo que ama. Gustaríame traerche algunha historia pascual, pero estou rodeado dun fume espeso. A media tarde chegou o cheiro que insinuaba
un lume próximo. Logo a evidencia, coma un calafrío: Arden as Fragas!
Arden as Fragas! Cortabamos pólas de loureiro e oliveira para o
domingo de ramos e parou o corazón e tamén as palabras. Ficamos
mudos ante a barbarie. The man kills the thing he loves. Escoitádeo ben,
coma unha ladaíña fúnebre.

No venres de dolores tamén prenderon lume ás esperanzas, aos soños,
á creatividade e ao rigoroso estudo de moitos anos. Coma sete espadas
cravadas no corazón, sete acusacións sen sentido, provocadas pola
tolemia do fanatismo, do tolo do templo. A paixón de Andrés Torres
Queiruga por Xesús de Nazaret, polo Deus revelado no amor e no ser
humano en plenitude, tornouse en dolorosa. Mudos de novo. Como é
posíbel destruír tanta beleza?

Fragas do Eume, milenarias, contedores de salmodias cósmicas, paridas
pola humidade atlántica, primixenias testemuñas da creación. Únicas.

Teoloxía de Andrés, humanizadora dun Deus distante e estraño; achegadora da bondade escudriñada con tanto traballo e amor pola Igrexa tantos anos, toda unha vida! Canto ben feito Andrés, e como dicía o Manuel María da súa nai, dicimos de Andrés:

Que existencia exemplar e verdadeira!
Que tarefa cumprida! E que ben feita!

Os homes sempre matan aquilo que máis aman!!! Coma unha profecía no medio do lume que queima arbores e libros… Porén, é pascua, non darán matado a esperanza.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s