Facebook malgré moi


A.Q.

Aínda que a miña idea de facebook non dista moito de “invento para poñer fotos de agora estou tomando unha caña” non, quita para que moitas persoas a usen cun certo sentido cívico, como demostrou a convocatoria aos exipcios na Praza Al Tahrir, ou co vídeo Kony 2012, que denuncia ao asasino líder de Uganda. Empezando está “Iranians, we love you” no que en 2 minutos un profe israelí explica que ante as ameazas dunha guerra contra Irán que están lanzando os líderes mundiais, el publicou un post no que dicía que non quería a guerra, que só coñecera un iraní en París -moi amábel, segundo el- e dous outros millóns de persas nada podía dicir. Inmediatamente empezaron a aparecer comentarios semellantes a ser devoltos polos iranís que, obviamente, declaraban o seu amor polos israelís, xa que tampouco os coñecían e non tiñan nada contra eles. Non estaría mal que houbese unha guerra e ninguén fose, tipo Gila. Se o bispo de Ciudad Real, monseñor Algora, publicase a súa carta “A vueltas con la reforma laboral” na que denunciaba que “os perdedores na reforma laboral son sempre os máis débiles” en Facebook no canto de facelo no semanario da igrexa de Ciudad Real, Con vosotros, quizais páxinas críticas como as facebook.como/14deabril compartirían o post e todos os bispos poñerían “gústame” Por certo, se alguén insiste en perder o tempo con isto, debe saber que hai unha rede social de Galicia e en galego: cabozo.com

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s