Rumores


Parece ser que no último estudo sobre hábitos de lectura di que se le un chisco máis do que se lía hai anos. Non é un avance moi significativo, pero algo é algo. Canto menos, non se perden lectores e nese sentido as mulleres están moi por riba dos homes neste hábito tan saudable.

E terá que ver o traballo que se está a facer nos clubs de lectura? Pois non sei. O estudo non di nada pero hai que recoñecer que estes grupiños de amizades unidos polo gusto pola lectura están a facer este labor o dobre de agradable.

Ler xuntos un libro e compartir impresións ao lado dun café sempre é unha proposta apetecible. E se aínda por riba contamos coa compaña do escritor ou da escritora, mellor aínda. Porque os lectores de literatura galega, ademais, temos unha vantaxe da que se cadra non somos conscientes. Trátase da proximidade xeográfica cos nosos creadores. Iso permite que os poidamos coñecer de primeira man e que resulten máis accesibles.

Coñezo tres clubs de lectura ben xeitosos. Dous están vinculados a unha escola. Nun deles empezaron a traballar e xa están argallando un encontro literario-musical entre Fran Castro e Pedro Feijoo. Unha brincadeira xeitosa e divertida que promete. Outro é un grupo de lectura por whatsapp. Todo vale para compartir vida e lectura. Déixovos seguir lendo esta revistiña.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s