Editorial


AUDASA como síntoma

A AP 9 pode chegar a converterse nun pesadelo e unha proba de lume para o actual goberno galego.

O prezo e as subas acumuladas poden parecerlle anécdotas a unha conselleira ou a un alto cargo cun bo salario, pero causan indignación entre a xente do común, xa no límite, nesta recuperación económica mal repartida. E da indignación polo concreto veñen as preguntas. E por medio das preguntas pode desvelarse a trampa que hai en certos dogmas das políticas neoliberais. Como o da eficiencia da xestión privada. Eficiencia para quen?

Resultado de imaxes para imágenes autopista ap9 galicia

Porque máis que anecdótico, o tema da AP9 é sintomático.

Non pode ser que en Galicia paguemos non só o combustible máis caro, senón, ademais, as peaxes máis caras por unha autoestrada sen vías alternativas comparables.

Non pode ser que despois de 40 anos e ao redor de 850 millóns de euros de beneficio neto, se chegase a un punto no que a concesión se dilate até o 2048.

Non pode ser que nunha concesión sexa intocable o beneficio para o explotador privado e se repercuta o prezo nos usuarios con total independencia da calidade do servizo, como se demostra nas quilométricas colas en determinadas datas críticas. E con cabinas de peaxe baleiras.

Nin debería ser que nun contrato de concesión dun servizo público esencial e monopolístico non se limite a marxe de beneficio do explotador.

Nin que AUDASA lidere as autoestradas en número de queixas e estea entre as últimas en número de empregados.

Se resulta que efectivamente os atrancos legais, xurídicos, contractuais son insalvables, alguén terá que dar boa conta das decisións políticas que desembocaron nesta situación. E facer autocrítica pública sobre os efectos desa privatización, da maneira de facela, da maneira de xestionala, dos efectos sobre os nosos petos.

Non vale o de dicir en Galicia que debe ser transferida e aceptar despois que todo siga igual. Nin vale que a liberación da peaxe dun tramo se repercuta noutra suba no resto. Non vale porque xa imos fartos deses asuntos de empresas amigas, de casos Gürthel ou, simplemente, desas portas xiratorias que permiten (como no caso de ENCE) que os exaltos cargos teñan unha xubilación dourada en postos dos consellos de administración.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s