3º ENCONTRO “VIVIMOS NO RURAL” NOS ANCARES
27 e 28 de maio de 2017
O CDR Ancares é o anfitrión este ano e ademais de ver e visitar iniciativas e experiencias vivas debateremos sobre como actuar para que o protestantismo do desenvolvemento rural sexa da propia veciñañza.
Resumo do programa
27 MAIO (TURISTEO E CONVERSA)
16,30 . Chegada á saída 479 da A6 para unha primeira visita á nave de dous emprendedores da zona que, entre outras cousas, traballan e comercializan con mel e con castañas.
17,15. Saímos tod@s xunt@s para visitarmos un castro, unhas explotacións gandeiras e O Piornedo.
21,30. Cea e conversa devagar
28 MAIO (XORNADA DE TRABALLO)
10,30 -10,45: Recepción e presentación do encontro e d@s participantes.
11, 00: Primeiro debate: dinamización económica.
– Explotacións gandeiras (Hugo e Isaac, mozos gandeiros da zona). Alternativas para o monte: (Román, xerente da coop. A Carqueixa). Coidado de persoas: Amelia, traballadora do programa “Vivir na Casa”
12,00: Segundo debate: dinamización social e cultural.
– Animación do lugar de Piornedo: Isolina e Lola; Unha educación de calidade para a montaña: Isabel e Lola (ANPA e CDR). Animación da zona de Doiras: Noelia e Tania, asociación os Xardois.
13,00: Descansiño
13, 20: Mesa redonda: “Que pintamos @s que vivimos no rural?”. Daniel, Manolo Regal, Ramiro.
14,30: Conclusións, xantar e festa.
Para anotarse e información: CDR Ancares 982364560 –Maruxa 620451654 – Ramiro 676446782