O noso taboleiro: FESTA DO LUME 2017


Este ano a Festa do lume cambia de lugar. Vémonos en Sobradelo (Vilagarcía)!

4 de febreiro (Sobradelo – Vilagarcía de Arousa)

Achégase a Candeloria e con ela festexaremos unha nova Festa do Lume. Nese peregrinar que aluga a historia desta Festa irimega, e despois dun ciclo no Mosteiro de Bergondo,  atoparémonos nun novo lugar de encontro para revisarnos, festexar e dar testemuña. Citámonos en Sobradelo (Vilagarcía de Arousa); no Salón Parroquial, ao carón da Igrexa. Este é un lugar de amigos irimegos que cada ano participan na Romaxe. É por iso que unha das últimas tivo lugar no Monte Xiabre e contou coa colaboración dun grupo importante de xente de Sobradelo, así como da súa coral na Oración da tardiña. Entre os irimegos tamén gozaremos da presenza de Daniel Espiño, párroco desta parroquia desde hai máis de trinta anos.

Como é habitual, a festa comezará coa Asemblea de socios e a renovación dos cargos directivos. Sempre é un bo momento para analizar o percorrido feito no últimos anos. E, tras un descanso, faremos a charla-coloquio que este ano se centrará no mundo educativo. Para isto contaremos con:

  • Alicia López Prado, mestra que nos falará do papel da escola no medio rural.
  • Xulio César Iglesias Blanco, salesiano que amosará as tendencias educativas no tempo libre.
  • Josecho de la Torre Culler. A nova escola: o traballo cooperativo e por proxectos.

Unha vez finalizado o coloquio, faremos xantar compartido entre todos, para rematar coa celebración da Candeloria e, como vén sendo habitual os últimos anos, con algo de música.

HORARIOS FESTA DO LUME 2017

9:30 Café.

10:00 Asemblea de socios/as de Irimia.

12:00 Mesa redonda sobre experiencias educativas: o papel da escola no medio rural, as tendencias educativas no tempo libre e o traballo cooperativo e por proxectos.

14:30 Xantar compartido.

16:30 Celebración da Candeloria.

Deixar un comentario