Festa do Lume 2015: facendo país de abaixo arriba


O noso taboleiroNa Festa do Lume 2015 da Asociación Irimia queremos celebrar e aprender do mellor que pasa no noso país. O asociacionismo de base en Galicia, aquel que se centra directamente en alentar e transmitir a cultura galega, ou aqueloutro que dinamiza as nosas comunidades, que organiza desde abaixo os diferentes eidos da nosa vida, ao tempo que revive a nosa identidade…, ese asociacionismo é una realidade que existe e resiste.

Hai un rico mosaico de iniciativas. Algunhas cun longo percorrido, que nace mesmo antes da denominada transición política. Un exemplo é a Asociación Xermolos, de Guitiriz, que ten feito un intenso e coherente labor de sementeira na xente nova durante máis de trinta anos. Eles van ser cooperadores activos na organización da Romaxe de Crentes Galegos de 2015.

Tirando proveito desa feliz circunstancia, no ronsel de Xermolos, pretendemos na Festa do Lume (Mosteiro de Bergondo, 7 de febreiro de 2015) convocar una mostra significativa de asociacións de base, feitas de vontade e compromiso xeneroso, que é una boa vacina contra os virus da indiferencia, do consumismo e do individualismo. Asociacións con xente nova e menos nova, en eidos diversos e complementarios, pero con esa base común.

Ademais de Xermolos, estarán con nós a Asociación Aquilino Iglesia Alvariño, de Muimenta, a asociación “Boa Vida- Inclusión activa” de Pontevedra e os do Capitán Gosende, de Cerdedo. A maiores, invitamos a xente da Marea Atlántica da Coruña para que expliquen en vivo e directo a súa proposta.

Como é habitual, a primeira hora será a asemblea anual da Asociación Irimia, seguida do panel de experiencias e debate coas asociacións convidadas. Despois virá o xantar compartido e a celebración da fe e da esperanza que nos mantén.

Ide reservando a data.

4 comments

    • Ola. A asemblea, aínda que non se pide acreditación, é para os socios. A segunda parte é para calquera a quen lle interese o tema. Para participar non tes máis ca aparecer por aló. Se queres compartir coche podes escribir aos correos que hai no pé da web (web, non blog) e dicir de onde vas por se alguén coincide.

  1. Graciñas por esta proposta luminosa a tódalas persoas que alumeades a Fe.
    Unha vez máis non poderemos estar físicamente pero acenderemos con vos..

Deixar un comentario