Culturgal.


https://sphotos-b.xx.fbcdn.net/hphotos-prn1/c99.0.403.403/p403x403/63156_460555820647958_155702624_n.jpgRematou o Culturgal. Xa sabedes que é o encontro das industrias culturais de Galicia. Varias ducias de postos recollían o  mellor da cultura galega. Editoriais, empresas audiovisuais, grupos de teatro, música, xogos, monicreques… Todo  variado e todo bo. Detrás disto, un grupo de persoas e institucións que realmente cren no noso.

Alá estiven coa miña familia pasando unha tarde entretida. Había moita xente. E dende logo tamén había moi bo ambiente. Chamoume a atención a cantidade de nenos e nenas. A cultura galega ten canteira. Bonita foi tamén a iniciativa da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua. Podías quitar unha foto na que poñías nun cartel o que che gustaba da nosa lingua. Nós quitamos unha que dicía: “Gústame… como empezan a falar @s pequerrech@s”.

Vimos tamén da parroquia de Fontiñas. Hoxe confirmáronse uns oito mozos e mozas. Se cadra hai quen di que son poucos. Eu vinos maiorciños e supoño que conscientes do que facían. Dito doutro xeito, supoño que non ían obrigados. Se cadra camiñamos cara a unha igrexa menos numerosa pero máis consciente. De comprometidos, e non de sacramentizados.

Lembrade a invitación da CGENDL. O 12 do 12 do 2012 ás 12 do mediodía estaremos lendo o poema Deitado fronte ao mar  de Celso Emilio. Úneste?

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s