O leite dun país


A Galicia real irrompeu no Parlamento en pleno discurso de investidura do presidente Feijoo. Eran os gandeiros, produtores de leite, un sector estratéxico para que o mundo rural galego teña vida e futuro. Dous días despois, a folga desconvocouse, entre promesas e compromisos de solución.

A folga deixou unha sensación moi estraña. Porque os datos están aí e hai que aterse a eles. Eses datos son dramáticos. Nos últimos 5 anos o sector leiteiro perdeu o 43% do poder adquisitivo, cuns custes que se disparan e uns beneficios que non soben. Perciben 0,28 euros por litro –ben por baixo do custe de produción- e levan, así, 40 meses, cobrando por sistema menos que os produtores de Asturias, Castela ou Cantabria.

Entre tanto, as grandes superficies –“a distribución”-  usa o leite como reclamo comercial. Así chegouse a outra situación bastante surrealista,  nese escenario de vaidades da Xunta de Galicia. Mentres unha conselleira – a de Traballo- celebraba ostentosamente entre risas a inauguración doutro macrocentro comercial en Galicia –outro monstro de tan dubidosa viabilidade coma o resto-, e mentres nese mesmo comercial das Cancelas se vendía o leite a un prezo mortal para o produtor galego, outra conselleira- a de Medio Rural-  lidaba nunha mesa de negociación cos gandeiros e a industria, diante dun escenario posible e probable de liquidación definitiva da gandería de leite en Galicia.

Ese despropósito de dar cunha man palmadas nas costas a proxectos dunha “modernidade liberal” que deturpa o pequeno comercio e o agro galego e soster coa outra man unha mangueira de xardín para apagar o lume social e económico dos nosos sectores tradicionais, é  unha boa imaxe desta Xunta. Unha Xunta cun superpresidente estrela, rodeado de conselleiros e conselleiras de talle político anano. Como resistirá a complexidade dos nosos problemas semellante desequilibrio entre un milhomes faino-todo e uns secundarios tan tristes?

E así pasou a folga, unha folga que case non foi. Haberá  que observar, pero tampouco non esquecer que o éxito dunha mobilización deste tipo depende do factor sorpresa, da contundencia e da perseveranza. Os lobos sábenas todas e, se cadra desta volta, necesitaban gañar tempo.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

One Response to O leite dun país

  1. A folga deixou unha sensación moi estraña. Porque os datos están aí e hai que aterse a eles. Eses datos son dramáticos. Nos últimos 5 anos o sector leiteiro perdeu o 43% do poder adquisitivo, cuns custes que se disparan e uns beneficios que non soben. Perciben 0,28 euros por litro –ben por baixo do custe de produción- e levan, así, 40 meses, cobrando por sistema menos que os produtores de Asturias, Castela ou Cantabria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s