O fachineiro dos ricos


Contos e contas

Hai uns días celebrouse a quinta edición do Certame Atlántica de narración oral, esta edición especialmente atlántica, con representantes da Madeira de dos Azores. O caso é que o festival lembroulle ao fachineiro un monólogo dun dos nosos mellores contadores, Carlos Blanco. Nunha actuación súa en Barcelona, díxolles aos cataláns que os galegos iamos conseguir a independencia antes ca eles. Logo de calcular a débeda de cada galego e de cada galega, o único que había que facer era convencer a Amancio para que sacase a carteira e lle dixese ao goberno central “Canto se debe aquí?”.

Pero non parece o antedito estea polo labor de soltar máis do estritamente necesario para desgravar a través dunha fundación. E resulta difícil entender para que serve o diñeiro cando un deixa de ser quen de contar os ceros que ten nunha conta. As comparacións son odiosas pero entretidas. Por iso chama a atención a doazón altruísta do matrimonio Tompkins (que fixeron fortuna coas marcas de roupa The north face e Esprit) ao estado chileno: 400.000 hectáreas de bosque que compraran coa única condición regalalo con tal de que se convertan en parque natural. Que ben nos virían un rico destes para salvar carballeiras, soutos e ríos. Pero deses hai poucos.

A.Q.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s