Romaxe de Crentes Galeg@s


En nada chega setembro e con el a Romaxe, que este ano vaise celebrar en Monterroso. Para os que andades á procura de información sobre como chegar, velaquí algunhas recomendacións do equipo que leva a organización:

CÓMO CHEGAR Á ROMAXE?

Monterroso atópase na estrada N-640 entre Lalín e Guntín.

Desde Lugo a N-540 a Guntín e desde aí a N-640 ata Monterroso. Desde Coruña saída pola AP-9 para enlazar coa A-6 saída 565 a Curtis dirección AC-840, N-547 ata Palas de Rei pasando por Melide, desde ahí a Monterroso 9,5 km pola Lu-221. Desde Santiago N-547 a Palas de Rei e logo a Lu-221 ata Monterroso ou pagando a AG-53 (autoestrada de duro pago) a Lalín e logo a N-640 a Monterroso.

Desde Vigo haiche varias posibilidades: 1.- a AP-9 ata Santiago, logo a A-53 ata Lalín e despois a N-640 ata Monterroso. A máis cara, seguro.
2.- a AP-9 ata Pontevedra e logo a N-521 ata un pouco despois de Cerdedo, logo a po-534 ata Forcarei e logo a PO-201 ata Silleda e logo a N-525 a Lalín para finalizas na N-640 ata Monterroso. (A máis curta en quilómetros).
3.- A AG-52 ata Barbantes , logo a Autoestrada A-53 a Lalín e finalmente a N-640 ata Monterroso. Probablemente a máis rápida

Desde Ourense, o mellor a autoestrada a Lalín, AG-52 e despois a AG-53 ata Lalín, logo a N-640 ata Monterroso

Verbo da Peneda: información, fotografías e coordenadas para os que ides co GPS.

1 comments

Deixar un comentario