Pingas de Orballo

MATO, DON XESÚS MATO E MATO                                Nós, que cremos ser e nada somos, que sequera somos instrumentos canalizados das nosas vontades que nos sobrepasan, ou doutras que nos coutan;  existimos desde aquel acontecer que nos move polos camiños do ar   e sorprendidos polo vento. Debo escribir de alguén a quen quero ben e polo tanto... Continue Reading →

Advertisements

Pingas de orballo

O CEGO DE ALDIXE, OU DE MONDOÑEDO, OU DOS MUíÑOS O señor Eladio Fernández Rodríguez era natural de Aldixe, parroquia que está entre Vilalba e Abadín, na provincia de Lugo. Era de alí e foi, probablemente, o último personaxe singular e representativo da tradición musical dos cegos nos límites da Terra Chá, pois o señor... Continue Reading →

Pingas de orballo: Na memoria de ENRIQUE DE COEO (I)

  Falamos moito de Auschwitz e dos campos de concentración nazis, que quedaron como referente mundial da dor, da humillación, da vergoña que todas as guerras deixan tras de si. Eses lugares que eran non só de privación de liberdade, senón de morte, de horror e castigo, escravismo, masificación, prantos e tanta dor que prevalece... Continue Reading →

Pingas de orballo: Avelino Pousa Antelo

AVELINO POUSA ANTELO        “Moitos calan, mercenarios pasivos, pasmados, vendo pousar o aire nas ás dunha bolboreta. O noso compromiso está na honra de ser, estando en pé e no orgullo de nós, esixindo o que é noso!”. Avelino! Custa asumir, a pouco que miro para atrás, a aceptación da lembranza de Lucho do Peto,... Continue Reading →

Pingas de orballo: refuxiada, dona de nada

Acordei daquela señora que enriba dunha manta non nos miraba. Escribín entre prosas e versos aquela sensación de perda tan enorme. Perderamos a irmandade. Ela pedía, baixo a porta da muralla milenaria do meu Lugo; era unha velliña. Non falaba, miraba a vida e nada dicía. Ás veces, a súa ollada inquiría buscando. Chegaba a... Continue Reading →

Pingas de orballo: Isaac Alonso Estraviz

Hai uns meses premiaron a tres insignes representantes galegos no mundo da lusofonía, o debido recoñecemento a Ângelo Cristóvao, a José Martinho Montero e a Isaac Alonso Estravís, estes docentes e enormes coñecedores deste mundo da produción científica, lexicográfica, lingüística e literaria que nos vén representar. De antemán, sei que vai haber opinións para todos... Continue Reading →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: