Ler para camiñar

La utilidad de lo inútil   O título do libriño éche un resumo perfecto. Este tempo de crise, cheo de luces para poucos e sombras para tantos, non pode asistir pasivamente á interesada destrución da cultura que o poder despreza e teme. A sociedade apunta no haber e considera útil só o que produce beneficio. Ou... Seguir lendo →

Ler para camiñar: Contra el tiempo. Filosofía práctica del instante

O libro de Luciano Concheiro é cortiño. Lese ben. Finalista do Premio Anagrama de Ensaio. Reflexiona o autor sobre as présas, sobre un mundo embriagado de velocidade. E atopa na aceleración o trazo que mellor define a nosa época e a deriva dun planeta enfermo. Política, economía, relacións sociais, modas, consumo, o corpo, todos os... Seguir lendo →

Ler para camiñar: Svetlana Alexiévich, a catarse da esperanza

Esta novela non é unha novela. Éche un nome envelenado de radioactividade para sempre. Voces de Chernóbil: un crebacabezas de voces para tentar comprender que pasou na central nuclear, onde átomos e verdade foron tapados por un inmenso sarcófago de formigón e mentiras. Retrato moi crítico da URSS e a herdanza que deixou en cidadáns... Seguir lendo →

Ler para camiñar: La nueva lucha de clases – Slavoj Zizek

Apenas 130 páxinas escritas con ferocidade: un dedo no ollo en cada parágrafo. Acedo pero construtivo, un berro alleo ao politicamente correcto. O filósofo indaga nos baixos fondos da crise para descubrir unha loita polo control da economía mundial. EEUU, UE, Rusia, China son responsables dos estados fallidos que están na orixe das migracións dos... Seguir lendo →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: