Ás furtadelas: Sen a lingua, non hai estrutura de país

O filósofo e teólogo Manuel Cabada Castro, oriúndo de Sabucedo, A Estrada, exerceu durante corenta anos como profesor de Metafísica e Antropoloxía filosófica nas universidades Pontifica de Comiñas e Complutense de Madrid, respectivamente. Ao longo destes anos de actuación académica, o seu centro de interese foi desprazándose progresivamente da Metafísica aos estudos históricos, antropolóxicos e... Continue Reading →

Advertisements

Ás furtadelas: Voces da Igrexa catalá, tras o 1-O

Opinan un párroco, unha monxa, un abade e un teólogo. Unha vez pasado o 1-O, Jesús Bastante en Relixión dixital, preguntou a varias figuras da Igrexa catalá sobre tres cuestiós elementais: como valoran o acontecido?; e agora que?; e cal debería ser a postura da Igrexa? Recollemos aquí catro desas visións, que resultan un punto... Continue Reading →

Ás furtadelas: O empobrecemento da Teoloxía

Por lei de vida, a gran xeración de teólogos que fixeron posible a renovación teolóxica que levou a cabo o concilio Vaticano II está a punto de extinguirse. E nas décadas seguintes, por desgraza, non xurdiu unha xeración nova que puidese continuar o labor que os grandes teólogos do século XX iniciaron. Os estudos bíblicos,... Continue Reading →

Ás furtadelas: A descomposición do cristianismo – O dano do clericalismo na Igrexa

Xesús non fundou o clero. Nin fundou sacerdocio ningún. Iso non consta en ningures, en todo o Novo Testamento. E moito menos, a Xesús nin se lle ocorreu instituír un corpo ou estamento de "homes sagrados". Escribo esta breve nota o día 3 de decembro, festa de san Francisco Javier. Acabo de ler o Evanxeo... Continue Reading →

Ás furtadelas (*)

O tempo da Aldea: Cooperativa veciñal de Rebordechán (Crecente) (*) Este artigo está composto con textos tomados da web de “tempo de aldea” (https://about.me/otempodaaldea) , así como do artigo de Marcos Pérez Pena en Praza Pública (http://praza.gal/movementos-sociais/12607/rebordechan-a-aldea-que-se-organizou-para-ter-un-futuro/) As aldeas do século XXI teñen pouco que ver cos recordos, coa historia e historias que gardan a... Continue Reading →

Unha palabra oportuna que alente o irmán

JUAN RUBIO (director de Vida Nueva) O clérigo e escritor inglés, profesor en Oxford, Robert Burton (1577-1640), autor dun significativo tratado sobre a melancolía, detivo os membros dun tribunal de teólogos que acusaba a un compañeiro con xuízos severos. E dixo: “Unha palabra fire máis profundamente ca unha espada” […]. Precisamente o día no que... Continue Reading →

As 10 estratexias de manipulación mediática

Baseado nun texto de Noam Chomsky 1. A estratexia da distracción O elemento primordial do control social é a estratexia da distracción, que consiste en desviar a atención do público dos problemas importantes mediante a técnica do diluvio ou inundación de informacións insignificantes. 2. Crear problemas e despois ofrecer solucións Problema-reacción-solución. Créase un problema, unha... Continue Reading →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: