Rumores


Sínodo para a Amazonía

Pois levei unha sorpresa curiosa cando o lin. Resulta que o Papa Francisco convocou hai pouco un sínodo sobre a Amazonía. Son bastante escéptico sobre este tipo de xuntanzas (o sínodo da mocidade, sen ir moi lonxe, rematou estes días), pero neste caso teño un fío de esperanza.Rumores

Non espero conclusións que sexan transformadoras a curto prazo, pero o feito de que no Vaticano miren cara a outro lugar do mundo xa é motivo de esperanza. Gústame que se mire o mundo desde a Igrexa oficial coa mirada da ecoloxía e a defensa da diversidade cultural. Chámase a atención sobre a importancia de manter unha actitude de respecto cara á natureza e as culturas diferentes, rexeitando a mentalidade de depredadores que, en moitos casos, temos desde a parte de arriba do mundo.

Tradicionalmente vemos a Igrexa moi preocupada pola moral individual e despreocupada por aquelas cuestións que son realmente transcendentes para o futuro da humanidade. Se cadra, este sínodo serve para que moitos monseñores e purpurados (reais ou de mentalidade, aínda que sexan pobres párrocos) se informen doutras cousas que pasan no mundo. Sería bo, abofé.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s