A peneira


No que vai de ano 56 XORNALISTAS morreron e 156 foron encarcerados, segundo denuncia Reporteiros sen Fronteiras no seu Barómetro das violacións da liberdade de prensa. Unha das últimas vítimas foi a reporteira búlgara Viktoria Marinova. É a terceira morte dun xornalista na UE no último ano. Todos investigaban casos relacionados coa corrupción nos seus países.Foto 1

O hospital POVISA de Vigo vén de presentar preconcurso de acredores como unha maneira de apertar para que o SERGAS renegocie o concerto asinado no ano 2014 e con vixencia ata o 2022. Noticia 2Mentres a Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública está a denunciar os intereses cruzados entre o hospital e a Xunta, aos que acusa de “contas pouco claras, conflitos de intereses e portas xiratorias”.

Cada 24 de outubro celebramos o Día das Nacións Unidas para conmemorar, e xa van 73, o aniversario da súa fundación. Creada despois da II Guerra Mundial, a ONU veu a substituír a fracasada Sociedade de Nacións co obxectivo de garantir a paz e a seguridade internacional, defender os dereitos humanos e axudar ao desenvolvemento social e económico. Noticia 3Na súa historia acumula importantes fracasos (Vietnam, Ruanda, Palestina, Siria…), pero tamén éxitos, especialmente no ámbito do desenvolvemento humano (loita contra a pobreza, a mortalidade infantil…).

A ESTACIÓN CIENTÍFICA DO COUREL (USC) convoca para o 27 de outubro unha xornada de agroecoloxía baixo o título “Unha montaña de oportunidades”. Noticia 4O obxectivo do día é reflexionar sobre o deseño de agroecosistemas con criterios ecolóxicos desde unha cosmovisión da montaña, que integra aspectos sociais, ambientais e económicos. A inscrición é gratuíta e está aberta ata o día 24.

Do 8 ao 11 de novembro a capital de Galicia acollerá a 3ª edición do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe COMPOSTELA ILUSTRADA. A actividade está dirixida por Miguelanxo Prado e contará este ano coa presenza de catorce artistas, entre eles Javier Mariscal. Noticia 5O tema será a natureza urbana e o programa inclúe clases maxistrais, obradoiros ou exposicións. Xa se pode visitar un avance do traballo na Galería Sargadelos, onde amosan o seu traballo catro dos artistas convidados.

Unha representación da PESCA ARTESANAL galega visitou Bruxelas a comezos deste mes, convidada pola eurodiputada do BNG Ana Miranda. Os portavoces tiveron a oportunidade de reunirse con representantes da Comisión Europea e expoñerlles as súas demandas nun momento crucial para o sector, xa que se están a negociar os Fondos Europeos de Marisqueo e Pesca para o período 2021-2027. Noticia 6A pesca artesanal é exercida por embarcacións de menos de 12 metros, con peixe do día e de proximidade á costa e dá emprego a 4.000 profesionais no noso país.

O outono é un bo momento para o recollemento e para achegarnos a algún dos moitos MOSTEIROS que temos na nosa xeografía. Desde Montederramo a Montefaro, pasando por Oseira, Samos, Carboeiro ou Sobrado, que tan ben nos acolleu na XLI Romaxe. Se preferides achegarvos á costa, é imprescindible a visita a Armenteira para compartir coa comunidade algunhas das oracións e facer gasto na súa tenda, todo un paraíso da cosmética natural. Noticia 7

Veñen de coñecerse as proxeccións demográficas do INE para os próximos 15 anos. A Galicia do 2033 terá unha poboación similar á dos anos 40 (2,5 millóns de habitantes, 150 000 menos ca hoxe) cunha idade media algo superior aos 50 anos. Noticia 8Nada novo baixo o sol, unicamente a confirmación dun suicidio, un “inverno demográfico”, como o denominou hai anos a Xunta, que parece non ten fin e que non necesita proxeccións: o 2017 foi o ano con menos nacementos na historia recente do noso país.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s