Rumores


Rematei unha fin de semana chea de momentos nos cales todo o que estaba previsto deixou de estalo e houbo que volver a organizar todo, e cando todo parecía que ía funcionar, pois volvía a enlearse o asunto e volta a comezar. De feito estou escribindo estes rumores un pouco sobre a campá da edición debido a isto (vaian entón por diante as desculpas á mesa de redacción que está pacientemente agardando).Rumores

                O asunto é que para saír adiante tiven que pedir favores a xente próxima e todos foron concedidos antes incluso de seren pedidos. “E se precisas máis, non te preocupes”. É fantástico estar rodeado de boa xente que bota unha man a golpe de chamada telefónica. O mundo está cheo deles, que fan favores sen pedir nada a cambio. Isto vén ao caso tamén ao feito de que o termo favor estase desprestixiando. Nesta sociedade que parece enchoupada de corrupción e chea de malas noticias, recibir favores é sospeitoso. Desde este curruncho reivindico o espírito do “por favor”, do “grazas”, do “déboche unha” e do “non te preocupes”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s