O fachineiro


O fachineiro agrarista. Cabanillas e Valtonic.

Estoutro día estaba o fachineiro na de Jenaro, en Rois, cando o taberneiro lle amosou uns versos asinados por un tal Xan Pombo, inspirados pola retórica agrarista e  denunciando o caciquismo, aínda que, iso si, chamando ao mitin do ultraconservador Calvo Sotelo. Certo é que os versos de Pombo non pasaron nin á letra pequena da historia da literatura galega, pero fixéronme lembrar outros do gran poeta agrarista e das Irmandades: Ramón Cabanillas. O de Cambados escribiu unhas rimas que din o seguinte: Antes de ser escravos, /¡irmáns, irmáns gallegos!/que corra o sangue a regos/dende a montaña ó mar./¡Ergámonos sin medo!/¡Que o lume da toxeira/envolva na fogueira o pazo siñorial!Fachineiro

Trátase do Himno de Acción Gallega, o máis importante movemento agrarista, e pertence ao libro Da terra asoballada, publicado en 1917 cunha segunda edición en 1926, na editorial Lar de Ánxel Casal. Hoxe Cabanillas había ter que pensar dúas veces en publicar eses versos, porque cen anos máis tarde ao mellor tiña que render contas perante a Audiencia Nacional ou compartir exilio con Valtonic.

A.Q.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s