Ás furtadelas.


Romero: un santo sen xustiza[1]

37 anos despois do morte de Óscar Romero e a uns días da súa beatificación, Benjamín Cuéllar, director do Instituto dos DD.HH da Universidade Centroamericana, explica as circunstancias que levaron á falta de xustiza e á impunidade no Salvador no caso do asasinato de Monseñor Romero.foto1

Como actuaba Romero en relación coas institucións de xustiza do Estado?

Romero tamén cría na xustiza terreal. Un dos pasos máis ousados que deu foi apadriñar o Socorro Xurídico do Arcebispado (SJA) que dirixiu o meu irmán (Roberto Cuéllar, quen chegaría a ser director do Instituto Interamericano de DD.HH), nos anos das desaparicións e masacres de civís, para atender con avogados as denuncias de vítimas que se amontoaban no seu despacho.

Como utilizaba o arcebispo eses expedientes de crimes de lesa humanidade?

El pechaba as súas homilías cos feitos políticos e tráxicos de cada semana, as graves violacións ocorridas en todo o país. Un día de agosto de 1978, por exemplo, ao relatar na catedral de San Salvador un informe sobre case un centenar de persoas desaparecidas polas forzas da orde pública, cos seus nomes e idades, sitios de detención e recursos xurídicos activados, Monseñor dixo: “Son testemuña da verdade destes noventa e nove casos. E por iso que teño todo o dereito de preguntar: Onde están? E en nome da angustia deste pobo, dicir: Póñaos á orde dun tribunal, se están vivos! E se lamentablemente xa os mataron os axentes de seguridade, búsquense responsabilidades e sanciónense, sexa quen sexa. Se matou, ten que pagar! Eu creo que a demanda é xusta”. A Romero faráselle xustiza nos altares, pero decenas de miles de graves violacións de dereitos humanos seguen sen se esclarecer, incluído o magnicidio.foto2

Como foi a actuación do xuíz responsable do caso?

O xuíz do caso foi Atilio Ramírez Amaya, o mesmo que conduciu a autopsia e abriu o expediente xudicial co número de referencia 134-80. Foi obrigado a renunciar e fuxir do país, logo dun atentado que sufriu tres días despois do martirio. Ademais, unha testemuña presencial do magnicidio foi detido e nunca máis apareceu.

Houbo algunha posibilidade de que o proceso xudicial avanzase durante as dúas décadas que gobernou o dereitista partido republicano nacionalista AREA, ata 2009?

Na década dos anos 80, en plena guerra civil, marcada polas ideoloxías da Guerra Fría, ningunha. O labor da Comisión da Verdade produciu un bo informe final, pero ante a negación da xustiza interna, foi ineficaz. As súas investigacións no caso foron discutibles, nada de confianza e marcadas por intereses políticos. A Policía Nacional non colleitou indicios materiais na escena do crime até o 2 de abril de 1980, máis de unha semana despois do magnicidio.

Como comezaron a aparecer involucrados os militares e a ultradereita no caso?

Doce militares foron capturados o 7 de maio de 1980, incluído Roberto D’Aubbuisson, quen despois sería o fundador e máximo líder de AREA, xunto con doce civís, acusados de levaren a cabo un complot contra o Goberno da época, que era unha xunta cívico-militar que tentaba frear un desenlace similar á revolución sandinista de Nicaragua. Alí foron atopados documentos valiosos para descubrir a verdade xudicial. Pero ningún deses documentos -que despois aportaron pistas- foron daquela entregados ao Xulgado Cuarto do Penal responsable do caso, até que dous anos despois se tivo no tribunal unha copia da axenda incautada entón con información inapreciable, nin sequera era o orixinal.

Cal foi a liña de defensa de D’Abbuisson?

En marzo de 1984, en plena campaña presidencial, cando AREA debutou e perdeu ante os demócrata-cristiáns de Napoleón Duarte, Roberto D’Abuisson presentou unha gravación dun suposto comandante guerrilleiro de esquerda que confesaba ser cómplice do crime. Mais tratábase dun delincuente común encarcerado entre 1979 e 1981, quen logo confesou que lle ofreceron cincuenta mil dólares de se facer responsable do magnicidio. D’Aubuisson e o Exército utilizaban a trampa para culpar a insurxencia e eludir a xustiza.

Como terminou o proceso legal?

O proceso xudicial foi pechado e aberto varias veces segundo os vaivéns políticos e electorais. Ao final, o 31 de marzo de 1993, pouco máis dun ano logo de asinada a paz, un xuíz sobreseu definitivamente o único acusado ate entón, o capitán de aviación Álvaro Rafael Saravia, acusado con base nos datos da axenda dos doce conspiradores apresados en 1980, que non só planeaban asasinatos de civís cos seus escuadróns da morte, porque D’Abuisson era un xefe dos servizos de intelixencia, senón que en realidade planeaban un golpe de Estado.

Como se tratou o caso de Monseñor Romero tralos Acordos de Paz asinados en México en 1992, que puxeron fin a 12 anos de guerra civil?

No marco dos Acordos de Paz do Castelo de Chapultepec xurdiu unha Comisión da Verdade, apoiada polo Goberno e a insurxencia armada, contra a impunidade en casos que comprometesen o respecto aos dereitos humanos. A operación “exemplar” do sistema de xustiza nacional debía aplicar a lei aos seus responsables, sen importar o bando ao que pertencesen durante a guerra civil. Foi inútil no caso de Romero.

Por que foi liberado o capitán Saravia?

O xuíz argumentou que o favorecía a amnistía aprobada días antes, no marco do fin da guerra, aprobada polo Poder Lexislativo. O xuíz que resolveu sobre o maior de intelixencia Roberto D’Aubbuisson sostivo que nunca foi imputado e que ao morrer (de cancro na lingua) extinguiuse a súa responsabilidade penal. Así se pechou a última peza do expediente xudicial en 1994, hai dúas décadas.

Existe posibilidade de reabrir o caso?

As conclusións da Comisión da Verdade auspiciada pola ONU de 1993 e un informe de fondo da Comisión Interamericana de Dereitos Humanos do 2000 inculpan a D’Abuisson e puideron servir para abrir un novo proceso, pero se non fixo nada.

E cal foi o destino do capitán Saravia?

Primeiro fuxiu aos EE.UU. Logo foi descuberto por organismos humanitarios e procesado alí ante un tribunal civil, que o atopou culpable, en 2004, do magnicidio do bispo. Entón escapou a Centroamérica, onde o pasou mal, oculto nas montañas de Honduras. Intentaba escribir un libro sobre o seu papel na morte do Arcebispo. Acompañei ao xornalista Carlos Dada, quen estaba interesado en escribir esa historia, nunha viaxe a onde se agochaba. Alí, en 2010, contou como mataron a Monseñor Romeu e a súa relación con D’Aubbuisson. Logo desapareceu. Así se perdeu a última pista da conspiración.

[1]Fonteorixinal da entrevista: https://mundo.sputniknews.com/entrevistas/201503251035694341-america-latina-catolicismo-canonizacion/

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s