Utopía. XLI Romaxe. Bendición final.


Señor, Ti bendís as nosas mans

para que sexan delicadas e saiban coller

sen xamais aprisionar;

que saiban dar sen calcular

e teñan a forza de bendicir e consolar.

Utopía final

 

Señor, Ti bendís os nosos ollos

para que saiban ver a necesidade;

que vexan detrás da superficie

para que os demais se sintan persoas acollidas

polo noso xeito de miralas.

 

Señor, Ti bendís os nosos oídos

para que saiban escoitar a túa voz

e perciban moi claramente

o berro das xentes aflixidas;

que saiban quedar xordos

ao ruído inútil e á verborrea,

pero non ás voces que chaman

e piden que as escoiten e comprendan

aínda que turben a nosa comodidade.

 

Señor, Ti bendís as nosas bocas

para que dean testemuño de Ti

e non digan nada que fira ou destrúa;

que só pronuncien verbas que sandan,

que nunca traizoen confidencias e segredos,

que consigan espertar sorrisos.

 

Señor, Ti bendís os nosos corazóns

para que sexan templos vivos do teu Materno Espírito

e saiban dar calor e refuxio;

que sexan xenerosos en perdoar e comprender

e aprendan a compartir dores e ledicias

cun grande amor.

Noso Deus, que poidas dispoñer de nós

con todo o que somos, con todo o que temos. Amén.

 

(Bendición pronunciada polo prior de Sobrado dos Monxes, Carlos Gutiérrez, ao final da oración da tarde. Versión adaptada a partir dun texto de Sabine Naegeli)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s