O Trasno. No niño da serpe.


Se mandan eles, é o caos. Ou o imperio do abuso, da arbitrariedade, do antollo. Porque eles non representan, non teñen capacidade de incorporar milleiros de anos de humanidade, de desenvolvemento ético, de construción lenta e conflitiva do dereito e da equidade.1195764447_f

Que de quen falamos? Dos infantes. Dos rapaces e rapazas, dese ben escaso; dos “inocentes” …pero menos, depende, como ben sabemos. Porque se están a monte – e onde máis a monte están é, polo que se ve, nas cidades-, daquela a tiranía está servida. Resolvémolo cun “que espelidos veñen agora”, pero sabemos que é outra cousa.

Tremendo e imprescindible relato o de William Golding, O señor das moscas, aqueles nenos náufragos que acaban como acaban, esa sabia exposición do conflito entre o regreso ao instinto máis egoísta ou a aceptación da norma civilizatoria, esa que obriga a ceder o paso cando toca.

Na produción de cousas, normalmente, a maior cantidade, peor calidade. E viceversa. Pero cos nenos e nenas  ocorre outramente.  O psiquismo humano é un gran paradoxo.

A escaseza de nenos e nenas nas sociedades da abundancia está alterando todo. E pasa o que pasa:  ese fenómeno cada vez mellor estudado, pero non por iso corrixido. Nenos emperadores, hipernenas, rapaces e rapazas que non son, precisamente, adorables, porque son e sábense adoradas.

Non me preocupa tanto o comportamento repelente -que lle chega de carafio-, senón os efectos que vai ter nas nosas sociedades unha xeración de crianzas e adolescentes egocéntricos, incapaces de xestionaren a precariedade, de diferir a satisfacción, de ser felices con pouco, de pensar en primeira persoa do plural, de ceder o dereito propio por pura solidariedade, de compadecerse, de querer sen dominar, de descentrarse e poñerse en formato comunal, de aceptaren que o diferente invada o teu espazo, de renunciar a algo con elegancia, de saber cando hai que calar e cando hai que esixir. O máis preocupante é, ollo, se non estaremos incubando a serpe dun novo fascismo.

Ser nais e pais alternativos, serenas, firmes, contaxiosos, que van cultivando todo iso que non se leva, contracorrente; dicir “non” e construír alternativas, ten algo de heroicidade revolucionaria. Custa moito. Cansa máis. Pero ao final eles e elas vánvolo agradecer de por vida.  Ademais, contracorrente, mola. E fanse amizades que duran eternamente.

Daniel López Muñoz   

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: