O fachineiro do teatro. Fillos do sol


Ben sabe a multitude de followers desta sección da querenza do fachineiro polo teatro e, en especial, polo traballo de Cándido Pazó. Trátase non só dun fantástico monologuista, senón que tamén é un gran director e autor.Imaxe fachineiro Só hai que lembrar a espléndida A piragua ou o excelente labor que fixo coas Memorias dun neno labrego de Neira Vilas. Neste momento, coa súa compañía, Contraproducións, ten dous espectáculos imperdibles. O primeiro é unha revisión de Commedia, que estreara no ano 93 e case co mesmo elenco de luxo: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Avelino González, Nuria Sanz, Goldi e Sergio Zearreta. Estamos perante un fito do teatro galego que ninguén pode deixar de ver e gozar. Nun ton totalmente distinto, atópase Fillos do sol, que recrea os últimos anos da vida de Eduardo Pondal. Este poeta, perfeccionista ata a obsesión, traballou 50 anos nun poema épico e morreu sen levalo á imprenta. Os Eoas, os fillos do sol, non foi publicado ata 1992, máis de 70 anos despois da morte do bardo. Impresionante o traballo de Adrián Ríos e, sobre todo, de César Cambeiro, no papel de don Eduardo xa vello. Outra que non podemos perder.

A.Q.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: