A peneira


O San Froilán, que acaba o próximo día 12, pon fin á tempada festeira. Hai que ir recolléndose. De aí o refrán: das cereixas aos nabos moi ben o pasamos; dos nabos ás cereixas damos as queixas. Tampouco hai que tomalo ao pé da letra, porque o 17 comezan as SAN LUCAS en Mondoñedo.Noticia 1

O programa formativo UNED SENIOR vai empezar o curso naqueles concellos que están adheridos a el. Trátase dunha iniciativa dirixida a persoas de máis de 55 anos, que inclúe temas de actualidade e estratexias de desenvolvemento persoal. No Porto do Son o prazo de matrícula está aberto ata o día 15 de outubro e a formación será sobre fruticultura e horticultura ecolóxica, lanoterapia e conservas de alimentos.Noticia 2

O 16 de outubro celébrase o DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN. Proclamado pola FAO no ano 1979, o seu obxectivo é concienciar sobre o problema alimentario e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. Nun mundo no que un terzo dos alimentos que se producen se perden ou se desperdician, 821 millóns de persoas pasan fame e o 45% das mortes infantís están relacionadas coa desnutrición.Noticia 3

PROXECTO HOME pecha o seu centro en Lugo, en funcionamento desde o ano 1997. Mentres o xerente Ramón Gómez alega falta de demanda e necesidade de optimizar recursos, os traballadores veno como unha medida de represalia polas súas demandas laborais. Sexa como for, o certo é que a capital queda sen un centro asistencial que axudou nestes 21 anos a, aproximadamente, 2000 persoas a superar as súas adiccións.Noticia 4

A Escola Galega da Paisa Juana de Vega organiza entre o 26 e 28 de outubro, no concello da Veiga, un novo seminario sobre a cultura propia das PAISAXES DE MONTAÑA. Nesta ocasión a temática e o debate centrarase sobre as actividades económicas que se poden desenvolver nas paisaxes de montaña sen comprometer os seus valores e calidades. Para iso conbinaranse intervencións de expertos, visitas ao campo e momentos de debate e obradoiros.Noticia 5

A OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS de Coia (Vigo) abre as súas portas un ano máis nos locais da parroquia do Cristo da Victoria. Este curso estarán os luns de 10.00 a 12.00 h co mesmo obxectivo co que comezaron hai 11 anos: ofrecer información alternativa sobre axudas sociais, denunciar e visualizar a dor inflixida e artellar loitas/resistencias desde abaixo por medio do apoio mutuo.Noticia 6

O proceso contra OS 19 DE MEIRÁS segue adiante. O 28 de setembro acudiron a declarar diante do xuíz de Betanzos, acusados de delictos polos que a familia Franco pide para eles 13 anos de cárcere e multas económicas. Mentres os informes elaborados pola comisión de expertos da Deputación da Coruña e a nomeada pola Consellería de Cultura ven factible a recuperación para o patrimonio público. Só falta que o goberno central dea o paso de poñer a demanda que o faga posible.Una decena de militantes del BNG entran en el pazo de Meiras foto BNG

O futuro complícase para SUDÁN DO SUR, o país máis novo do mundo. Á guerra civil que sofre desde o ano 2013 e que xerou millóns de desprazados, súmase agora a fame. Máis da metade da súa poboación atópase en situación de fame extrema e precisa axuda urxente. A única esperanza pasa pola materialización do tratado de paz asinado en agosto entre o goberno e as tropas rebeldes e que está precedido polo fracaso dun acordo similar no 2015.Noticia 8

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s