Rumores


Hai uns días  estiveron os profes de  latín e grego na rúa protestando pola pouca relevancia que teñen hoxe  en día, no actual bacharelato, os estudos das  linguas clásicas. Nun mundo que valora só o aparentemente útil, chama a atención que haxa quen loite por estas materias que non valen para nada. De feito, as ponderacións para entrar na universidade hipervaloran as materias máis de ciencias, ou a economía fronte o latín, ou non digamos o grego.Rumores

                Porén, hai rapazada que segue a escoller o bacharelato de humanidades a pesar de que disque ten menos saídas, de que na casa lles din que non deben, de que os compañeiros se rin deles, de…

                Gústame a xente que nada contracorrente. É xente libre e auténtica. Paga a pena contar con eles. O vento a favor favorece outros ámbitos de coñecemento tamén plenamente válidos, pero esta rapazada escolle coñecer a obra de Homero, entender o supino ou saber por que Ribeira ten que escribirse con b, por moito que algún alcalde non queira.

                Parabéns a todos eses tolos que fan da súa escolla unha cuestión consciente e feliz. Que non entran na cadea do mundo aparentemente competitivo. Oxalá tamén a sociedade lles dea os parabéns. Como dicía un profesor meu: A sociedade viviu moitos séculos da súa historia sen economistas, pero nunca sen poetas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s