O fachineiro da xustiza


Todos son gastos

A volta ao traballo despois do verán sempre se fai un pouco costa arriba, pero ademais xúntase o feito de que hai que afrontar gastos que fan tremer as economías domésticas coma a vara verde. Este outono o fachineiro decidiu facer apartados: isto para roupa, isto para libros, isto para o xuíz Llarena… Este último é un gasto imprevisto, pero douno por ben empregado. Ese medio millón de euros que imos pagar ao bufete para que o defenda pouco me parece tendo en conta que foi o presidente in pectore de Ehpaña durante os últimos tempos. Ademais, así pode aforrar o que lle pagou o concesionario de BMW onde pronunciou as palabras polas que Puigdemont lle quere meter o dedo no ollo. Que haxa políticos en prisión preventiva dende hai un ano que deberían estar na casa agardando o xuízo, que vexa golpes de Estado coma o neno do Sexto Sentido vía mortos, que se fale de rebelión ou sedición cando a única violencia foi a das fuerzas y cuerpos é pataca miúda como diría Caneda. Pero cando se condene o Estado por ver delitos que só se ven dos Pireneos para aquí, xa lle botaremos terra de toupas. Ademais, mentres estea entretido con iso non se fixa nesta revista, non vaia ser o demo.descarga (1)

A.Q.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s