O trasno. Corazón e cerebro,…porto seguro e plan


Pasamos o verán encollidos coas historias de inmigración e refuxio. Porque non hai nada comparable, nada tan tremendo nos últimos tempos. Porque  nos sentimos unha humanidade única e dóennos os ollos desas mulleres destemidas, deses homes asustados e deses cativos lindos. E porque nos indigna a utilización fascistoide que a “dereitísima” por Europa adiante -Suecia incluída-, fai do medo ao estraño e do odio ao pobre, para tocar poder, Deus nos colla confesados.

Non todo vale. Ninguén é ilegal e toda vida rescatada do mar e das mafias libias fainos mellores persoas. E máis europeos, no bo sentido da palabra, se é que algún sentido decente lle queda.

Pero a guerra de titulares e demagoxias non pode agachar o enorme desafío. Para toda Europa. Para todos e todas nós. Cómpre pasar dos “principios” aos “finais”. Do sentimentalismo á eficacia. Do moral ao económico. Necesitamos poñer esforzo, cartos, xente, materia gris, tempo en elaborar e implantar un plan de acollida merecente dese nome.descarga

Coincido outra volta con Francisco, este vello e sabio patrón, tamén el cercado polo fascismo, na súa versión sotánica.  Dicía volvendo de Dublín: “Hai que acoller. É un principio moral. Pero é un acoller razoado. Deime de conta co atentado de Bélxica: eses rapaces eran belgas, fillos de migrantes, non integrados e “guetizados”. A integración é a condición para acoller…”

O top manta non pode ser o plan. Porque ningún correcto gobernante de esquerda querería iso como o futuro imposto, non escollido, dos seus fillos e fillas. Tampouco a venda polo miúdo de haxix, ocupando os parques, de estrema a estrema, como vimos recentemente nunha capital europea “acolledora”. Nin que dicir dos prostíbulos. Iso non son futuros, son destinos fatais.

Un plan. Un plan galego, español, europeo. Tamén municipal. Con coordinación pública. Involucrar empresas e sindicatos, expertas e ONG, formadores e docentes, educadores e animadoras culturais, asociacións de barrios, comunidades de fe ou de loita ou de causas comúns, que máis ten. Temos vimbios para o cesto: centros de formación semibaleiros, campus sen alumnado, territorios sen xente, barrios sen futuro, oficios sen oficiantes, parroquias avitaminadas sen estímulos…

“Eles e elas” teñen moito que nos dar. Pero hai que facerlles sitio e darlles boas ferramentas.

Daniel López Muñoz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s