Domingo 09 de setembro. XXIII do Tempo Ordinario


A PALABRA Mc 7, 31-37

Naquel tempo, deixando Xesús Tiro, veu dar por Sidón ao mar de Galilea, atravesando a Decápole. Presentáronlle un xordomudo, e suplicáronlle que lle impuxese as mans. Xesús, separándoo da xente, meteulle os dedos nas orellas, e tocoulle a lingua con cuspe. Logo, erguendo os ollos ao ceo, suspirou e dixo: «Effatá» ou sexa «ábrete.» E no instante abríronselle os oídos, e falaba perfectamente. Logo prohibiulles contalo a ninguén; mais canto máis llelo prohibía, máis o espallaban. E a xente, totalmente abraiada, comentaba: «Que ben o fai todo! Fai que os xordos oian e que os mudos falen».

foto_boanova 2018 09 09.jpg

A CLAVE: NON HAI PEOR XORDO QUE O QUE NON QUERE OÍR

J.A. Martínez

Non é a primeira vez que se nos presenta a Xesús coma un sandador, un curandeiro. Nesta pasaxe nárrase o seu encontro cunha persoa xordomuda. Mais isto non vai de acusias nin de doenzas físicas. As variadas traducións xa nos poñen en aviso sobre as diferentes interpretacións do relato: non se trata dun xordo, e moito menos dun mudo, xa que hai quen di que falaba con dificultade, xa que era tartamudo.

Non estamos ante un milagre que rache coa lóxica científica. Fálasenos da nosa relación con Xesús e se somos quen de escoitar a súa mensaxe. Porque, como di o refrán, non hai peor xordo que o que non quere oír.

Non é tanto a xordeira senón a relación que se establece entre Xesús e o xordomudo. Dísenos que o aparta do resto da xente e que lle fala directamente a el. A relación con Xesús precisa de confianza e de cercanía. Queda graficamente ben indicado se pensamos que lle mete un dedo na orella e na boca.

“No silencio, o berro seco”, di a Romaxe. Para escoitar precisamos primeiro facer silencio. Non oímos, non entedemos a mensaxe de Xesús polo gran ruído en que vivimos, un ruído en grande parte interior. Estamos xordos, aínda que escoitemos.

Como o xordo que fala con dificultade, como poderemos nós falar con claridade se primeiro non somos quen de escoitar?

Como cultivar o silencio para nos abrir á mensaxe de Xesús? Abrir os oídos, abrir a mente, abrir o corazón. Efatá.

O ECO

Comecei a sentarme a meditar en silencio e quietude pola miña conta e risco, sen ninguén que me dese algunhas nocións básicas ou que me acompañase no proceso. A simplicidade do método –sentarse, respirar, acalar os pensamentos…– e, sobre todo, a simplicidade da súa pretensión –reconciliar á persoa co que é– seducíronme desde o principio. Como son de temperamento tenaz, mantívenme fiel durante varios anos a esta disciplina de, sinxelamente, sentar e recollerse; e enseguida comprendín que se trataba de aceptar con bo talante o que viñese, fose o que fose (…)

Inicio da obra “Biografía del silencio. Breve ensayo sobre meditación” de Pablo d’Ors.

http://www.siruela.com/archivos/fragmentos/BiografiaSilencio.pdf

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: