Rumores


Desván de los monjes. Quen non lembra a fantástica metedura de zoca de certo conselleiro de “cultura” falando das marabillas do Camiño de Santiago? Pois alí iremos de Romaxe este ano. Non a un “desván”, senón a todo un “sobrado”. Non é a miña tarefa falar ben dese lugar, que, como me acaban de dicir, é dos máis acolledores de Galicia. De seguro que o farán moito neste número de Irimia e tamén no seguinte.Imaxe Rumores

Eu vou falar de toponimia. Hai que recoñecer que ao longo destes anos melloramos moito neste tema a nivel social. Queda por facer moito, pero é dos ámbitos máis normalizados. A ninguén lle dá por dicir *Mugía sen sentir un calafrío na caluga. Se alguén nunha reunión di que vai pasar a tarde en *Arteijo ou *Rianjo, créase un silencio incómodo que condicionará toda a reunión.

Polo visto, este verán os que hai uns anos se autoproclamaban bilingües e agora xa saíron do armario e chámanse “hablamos español” foron a Sanxenxo para recoller sinaturas polo topónimo *Sangenjo de toda a vida. Contáronlle a este rumoroso que a cousa foi un fracaso de magnitudes interplanetarias. De feito, cando comentaron a noticia nas redes sociais, foi ben pavera unha señora que se dirixía á xefa dos bilingües dicindo “Te hoy en la radio…”. Se non dás entendido o que quería dicir, dígocho: “Te oí en la radio…”. Eu tamén tardei en comprender.

Vémonos nuns días en Sobrado dos Monxes. Metede no GPS ese nome ou, mellor, seguide as indicacións que na revista se darán. Son máis fiables ca buscar ningún “desván”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s