Falando da lingua. Repetimos!!!


E volvéronnos fichar! Aquí estamos outro ano para compartir con vós a contraportada! Non pensedes que as tivemos todas con nós, despois do de Cristiano Ronaldo…, podía pasar o que lle cadrase… Estamos a piques de chegar ao número mil desta marabillosa revista Irimia! Celebrarémolo con vós e a partir dese momento compartiremos estas liñas cada 30 días: xa o saberiades, pero se non fose así, está explicado no “Editorial”.Falando da lingua

E como se vai desenvolvendo o voso verán? Gozastes dalgún tempo de vagar, de lecer, de ocio? Vaia, se o tivestes e non queredes falar do conto, facedes ben, a galiña non ten que saber que os pitos durmiron fóra…Sempre temos a nosa primeira cita na revista que chega ás vosas casas antes da Romaxe; este ano a Romaxe cae tan cedo que nos pilla en pleno verán! Así e todo, tede presente aquilo de que “Tras da Peregrina, inverno encima, e tras da Romaxe, tumbona ao garaxe”.

Nós si que tivemos unha horiña para fuxir do mundanal ruído, pero aquí estamos, ben contentas e agradecidas de poder voltar! E andamos polo norte da península e… en canta estima teñen o bable por terras asturianas: nas cidades, nas aldeas, a mocidade, os nenos nos parques, os máis vellos, na cartelería todo en castelán e en bable… Emocionante! De verdade que botamos en falta ese sentimento do amor polo propio cando estivemos de volta… Vaia, xa sabemos que vós si estimades e valorades a nosa terra, a nosa lingua, xa sabemos que vós tedes ben presente aquilo que dicía Castelao: “Se aínda somos galegos, é por obra e gracia do idioma”, pero é o de sempre: escoitan a prédica de que hai que ser puntual os que chegaron na hora, cando realmente é para os que aínda non están…, e a vós pásavos outro tanto desta volta…

Polo de agora, citámosvos en Sobrado dos Monxes o 8 de setembro. Alá celebraremos a sorte e a ledicia de sermos cristiáns galegos. Vémonos na Romaxe!

Lidia e Valentina

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: