A peneira


O curso 2018-2019 comeza o 12 de setembro para Infantil e Primaria e o 17 para Secundaria e Bacharelato, mentres os sindicatos denuncian a PRECARIEDADE LABORAL do profesorado. A CIG Ensino pon o foco no aumento do número de docentes con destino provisional (6 875 profesores, o 21% do total do profesorado galego) e naqueles que deberán impartir materias das que non son especialistas (máis de 1 500).

INSTITUTO DE CARRIL AULAS VACIAS HUELGA ESTUDIANTES /
Un aula vacía ayer en el instituto de Carril G. Salgado

Máis de 200 familias galegas seguen a buscar os restos dos seus familiares desaparecidos na Guerra Civil e na ditadura. As EXHUMACIÓNS, coordinadas pola Asociación pola Recuperación dos Desaparecidos no Franquismo, descubriron restos de 37 persoas na maior fosa común coñecida, no concello de Aranga. Os traballos continúan noutras fosas en Aranga, Foz ou a Póboa do Brollón.Noticia 2 (1)

Segundo o INE, Galicia perdeu entre 2013 e 2016 máis do 5% da súa SUPERFICIE AGRARIA, a metade da que se perdeu no conxunto do Estado. Neste momento a superficie agraria útil non chega ao 25% do territorio do país, o que nos sitúa nunha das porcentaxes máis baixas de Europa. Moitas desas leiras están agora plantadas de eucaliptos, unha árbore que, segundo Unións Agrarias, ocupan xa 30.000 hectáreas de terras agrarias.Noticia 3 (1)

O Consello da Cultura Galega dixitalizará o semanario A NOSA TERRA e porao a disposición pública e gratuíta a través da súa páxina web (xa se poden consultar os 26 primeiros números). A Nosa Terra editouse entre 1977 e 2011 e, en palabras de quen foi o seu director, Alfonso Eire, “supuxo un xeito novo de facer xornalismo e tratar temas que ata o momento eran marxinais na prensa”.Noticia 4

O BLOQUEO ISRAELÍ ao territorio palestino aféctalle tamén ao mar da franxa de Gaza, onde aos mariñeiros unicamente lles está permitido entrar 6 millas para pescar. Segundo o voceiro da Unión de Pescadores, Zakaria Baker, máis do 95% dos mariñeiros viven na pobreza e a pesca pasou de representar o 5% da economía palestina a menos do 2%.Noticia 5 (1)

A morte a comezos de agosto dun paciente no PAC da Estrada por falta de médico veu dar a razón ao Consello Galego de Colexios Médicos, que prevían  para este verán “unha sobrecarga asistencial” e puxo no punto de mira a política de aforro do Sergas. PAC’S EN PÉ DE GUERRA levaba tamén meses denunciando a situación de deterioro na que se atopan as urxencias de primaria e reclamando persoal e medios para poderen realizar con solvencia o seu traballo.Noticia 6 (1)

Carballo converterase na capital galega do teatro coa celebración da XXVII edición do FIOT, o Festival Internacional Outono de Teatro. Aínda non foi presentada a programación, pero xa sabe que outorgará o galardón Xograr de outono 2018 a Manuel Lourenzo. O xurado quixo recoñecer con el a un dos principais referentes do teatro en Galicia. Dramaturgo, director, actor, promotor teatral, formador de moitas xeracións de actores… Manuel Lourenzo leva dedicada a súa vida a esta arte.Noticia 7

O 15 de setembro cadran no calendario dúas XORNADAS ben distintas, pero que teñen a cuestión de xénero no fondo. Por un lado, as I Xornadas mulleres e deporte, que se van celebrar en Lugo e que terán como tema “rachar cos moldes do adestramento”. Por outro, as III Xornadas Diversidade sexual dende a educación, que terán lugar na capital de Galicia e que dedicarán boa parte do día a compartir experiencias de boas prácticas de igualdade e diversidade LGTBI nas aulas.Noticia 8

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: