Política. Municipais 2019.


Arrinca o novo curso político, que culminará coas eleccións municipais de 2019, que nos darán unha imaxe algo fiel do músculo político de cada partido. Coas evidentes particularidades que teñen unhas eleccións locais, saberemos se o desgaste do PP é tan grande como nos dicían as enquisas. Comprobaremos como se valora o novo goberno, tamén minoratario do PSOE. E saberemos como andan de saúde política as forzas do cambio. En clave galega, BNG e Mareas concorrerán con distintas expectativas. Mentres as Mareas testarán especialmente os seus gobernos de cambio nas grandes cidades, o BNG, que parece superou o seu momento crítico de apoio, deberá demostrar se segue sendo unha forza municipal necesaria para orientar os gobernos locais cara a alternativas de cambio.Política

Non se agardan eleccións tan vibrantes como as de hai catro anos, cando o mapa municipal mudou de forma tan drástica, especialmente nas dúas grandes capitais, Madrid e Barcelona, e que tiveron o seu reflexo galego en Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol. Pero si que teñen unha grande importancia para coñecer o grao de satisfacción dos cidadáns coas ilusionantes apostas que vivimos daquela e que, aínda que posiblemente non foron materializadas en gran medida, si bosquexaron unha tendencia prometedora na forma de facer política.

O exame destes gobernos protagonizará os vindeiros meses. E máis que o exame externo, importará o autoexame que se fagan, que sirva para deseñar un programa político claro e ambicioso de cambio na maneira de facer a política nos concellos. Pero fundamentalmente deberá ser realizable. Os novos programas políticos deben ser claros e posibles. Desta vez non valerán excusas de falta de experiencia ou inocencia política.

Os dous grandes eixos que deberían configurar as novas políticas son a factibilidade e a transparencia. Será necesario que aumenten as ferramentas coas que contemos os cidadáns para coñecer e avaliar a acción dun gobernos municipais. As entidades locais son, de seu, o gran espazo democrático e de convivencia dun territorio. Encher os programas de promesas incumpribles e actuar coas portas pechadas non axudan a xerar unha auténtica cultura adulta e democrática nas nosas cidades, senon que fomentan que perdure a política de despacho, do quehaydelomío tan tristemente enquistado no noso país.

Pedro Pedrouzo Devesa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s