Páxinas Centrais. XLI Romaxe de Crentes Galegos


Convite á Romaxe

Compañeira/o:

A Asociación Irimia comprácese en convidarte,xunto cos demais membros da túa comunidade, parroquia, grupo, asociación, familiares e amigas/os, a compartir a ledicia de vivir gozando nunha xornada de intensa irmandade e convivencia,en sintonía co compromiso social, desde a fe e a galeguidade, desde o mutuo respecto a todas as verdades e razóns, desde a tolerancia a todas as ideas.Medallón

Co lema NO SILENCIO, O BERRO SECO, esperámosvos onda os nobres e artísticos muros barrocos do mosteiro de Santa María de Sobrado, para celebrar e, profeticamente, reivindicar a nosa fe de crentes, inseparable do noso ser galeguista, e desde esa firme realidade, solidarias/os universais con todos os pobos do mundo, con predilección polos máis empobrecidas/os e explotadas/os.

Estás, pois, convidada/o, a pasar un alegre e gozoso día de celebración e festa, entre amigas/os e afíns, nun lugar cheo de historia, arte e simbolismo, onde os monxes, xunto ao pobo e co pobo, viviron,  loitaron,  sufriron,  amaron e festexaron.Sobrado dos Monxes

Este Sobrado, segundo uns, vén do latín superadditu, parte alta da casa, mentres outros defenden que procede da abundancia de sobreiras, que aínda se ven pola bisbarra, suberatum en latín. Pasaremos, pois, esta xornada no vetusto e importante condado de Présares, creado en tempos da monarquía sueva; os condes Hermenexildo e Paterna fundaron o mosteiro de Sobrado no ano 952, profesaron nel e legáronlle todas as súas posesións. O rei Ramiro III, no ano 968, confirmou o condado ao mosteiro de Sobrado, que desde entón “imperou”, é dicir, gobernou o condado coa autoridade do rei.

Despois de diferentes acontecementos, foi reconstruído no ano 1142 con monxes de Claraval por orde de Afonso VII e do conde de Traba; pouco queda desta primeira edificación. Se foi enorme a riqueza e o poder, cando acadou o señorío e a xurisdición de Présares, moito máis se acrecentou cando no ano 1498 se ligou á Congregación Reformada do Cister. Foi daquela cando se ergueu a suntuosa igrexa, os claustros e a represa para fornecer de auga e troitas os moradores do mosteiro. Como dato da súa importancia, dicir que no século XVII tiña 80 monxes e moitos irmáns conversos e colonos, e daba esmolas diariamente a máis de 600 persoas, dedicando a iso uns 5 000 ferrados de trigo e centeo. Contan as crónicas que no 1773 durmiron na albergaría 8 000 peregrinos de Santiago e outros 3 000 viaxeiros e visitantes[1].

Ven gozar da celebración, da festa e da historia!Mapa accesos

Agardámoste en Sobrado o día 8.

Asociación Irimia 

HORARIO DA ROMAXE

11.00 h Acollida de romeiros/as (cun petisco)

12.00 h Celebración No silencio, o berro seco

14.00 h Xantar
 compartido

16.00 h Festa
 rachada

18.30 h Oración da tarde (na Igrexa conventual, preparada pola comunidade de Sobrado)

 

Aviso aparcamento

Hai moito sitio para aparcar na zona onde se localiza o polideportivo de Sobrado. Aínda así, os coches e autobuses que precisen facer baixar a xente preto do lugar da celebración poden facelo na praza do concello (a que está antes de atravesar o arco de entrada que dá acceso aos terreos do mosteiro).

Despois de deixar a xente, deberán dirixirse á zona do polideportivo para aparcar.

[1] Datos recollidos de Galicia enteira (X L Laredo Verdejo).

One comment

  1. […] Na Romaxe de Crentes Galegos deste ano, xa 41 edición que desta volta terá lugar en Sobrado dos Monxes, espéranos unha rica sorpresa ó chegar. Unha vez que baixemos do autobús ou aparcado o coche, collido as bolsas coa comida ou as cadeiras… Unha vez que estemos listos e decidamos entrar polo arco que nos leva á Via Sacra… Descubriremos a rica benvida que a asociación A Maristela ten preparada. Nada mais e nada menos que un anaquiño dun queixo de 50 kilos, doazón da queixería local O Brexeo. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s