A peneira


López Obrador leva a esquerda por primeira vez ao poder en MÉXICO, e ponlle freo á restauración conservadora que percorre América Latina. Convertido en todo un símbolo, non lle vai ser doado acometer as promesas de campaña, algunhas cargadas de simbolismo, como a renuncia á residencia oficial ou a cobrar a metade ca o actual presidente; outras, de fondo calado como a loita contra a pobreza, a corrupción e a inseguridade.Noticia 1

Os ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS da Coruña incrementan, con respecto ao ano pasado, o número de propostas (un 44%) e de participación cidadá (un 60%). É o terceiro ano no que os veciños da cidade poden decidir a que destinar 3 millóns do orzamento municipal. Portugal converteuse no 2016 no primeiro país en empregar esta maneira de xestión para elaborar os orzamentos do estado.Noticia 2

O primeiro CASTROMIL cumpriu 100 anos a comezos deste mes. Unía Santiago con Pontevedra en dúas horas e un billete custaba entre cinco e dez pesetas, dependendo da categoría. A empresa foi medrando e o sector acabou por converterse en vertebrador do territorio. No ano 2002 foi absorbida por Monbus que é hoxe a principal compañía de transporte de viaxeiros de Galicia.Noticia 3

Coa chegada do verán multiplícanse as actividades destinadas a achegar a lectura aos “veraneantes”. Este é o caso de OS LIBROS AO SOL unha campaña de fomento da lectura en galego dirixida a todos os treitos de idade que achegará libros e actividades á praia da Argazada, no paseo de Samil, e na que colaboran as editoriais Elvira, Galaxia, Ir Indo e Xerais.  Noticia 4

A Galicia mariñeira vístese de festa cada 16 de xullo para celebrar á súa patroa: a VIRXE DO CARME. No noso país hai, aproximadamente, 4500 barcos operativos, máis de 80 portos e 60 lonxas de primeira venta e 70 empresas conserveiras. 120 000 persoas viven, directa ou indirectamente, deste sector que ten un volume de negocio que supera os 2 000 millóns de euros.Noticia 5

Os sindicatos sanitarios denuncian, outro ano máis, o PECHE DE CAMAS nos hospitais galegos. O Satse, sindicato da enfermaría, estima que serán máis de 900, coas áreas de Santiago, Coruña e Vigo á cabeza. Unha medida que leva ao aumento das listas de espera, a paralización de probas diagnósticas, as altas precipitadas e a un descenso na calidade asistencial ao ter que atender aos pacientes nos corredores.Noticia 6

Logo de dez anos de coidadosa restauración remataron as coidados que precisaba o Pórtico da Gloria, que loce coa súa recuperada agora policromía. Poderá  visitarse a partir do día 27. O que non se restaurou foron as voces que acompañaron a obra durante séculos: tanto mecenas, restauradores, arcebispos coma autoridades, gabaron a obra en castelán.noticia 7

Durante o verán son moitos os lugares nos que se recuperan oficios ou traballos tradicionais para atraer turistas ou para que participen as xentes do lugar. É o caso das festas da malla que se celebran por Galicia adiante. Este verán aínda podemos ir, polo menos,  á de Boiro, o 4 de agosto, a de Lalín o 18, á de Meira e á de Láncara.noticia 8

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s