O fachineiro de Ramón Chao. Conciencia hídrica


 

Ramón Chao Rego morreu o 20 de maio pero foi hai dez días cando os seus familiares e amigos o despediron no funeral que el quixo. Foi o seu desexo volver a Vilalba e as súas cinzas, vertidas sobre unha bandeira galega, deixáronse levar despois polas augas do río Magdalena. Este foi un último paralelismo co seu irmán Pepe, co que xogaba e durmía abrazado de pequeno. Pepe quixo volver ao Pedregal de Irimiafoto fachineiro, onde a auga que deita da rocha vaise facendo grande ata se atopar coas do río Ladra, que é onde desemboca o Magdalena. Os dous irmáns vanse xuntar un pouco máis arriba do Regato do Cepelo, o preferido de Manuel María. Toda esta coincidencia hídrica non é nada rara no país dos mil ríos, unha afirmación cunqueiriana da que tamén Pepe se ocupou. Os dous pousaron a súa atención en Prisciliano: Pepe co ensaio Prisciliano, profeta contra o poder e Ramón coa novela O camiño de Prisciliano, unha ruta que que el mesmo se animou a percorrer. Ramón foi un excelente escritor e xornalista que exerceu de embaixador da cultura galega en París e un gran coñecedor da literatura de América Latina. Vai camiño da Guarda mareira. Boa viaxe.

 A.Q.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: