Actualidade. O non-acordo de mínimos


O acordo dos países da Unión Europea sobre temas de inmigración acadado a finais do mes de xuño foi presentado comunmente, e como en tantas outras ocasións na UE, como un acordo de mínimos. En realidade foi un non-acordo, porque os países da UE optaron por facer cada un o que considere oportuno, cuestión que xa viñan facendo. En todo caso, se fora acordo de algo, parece que tamén, como tantas outras veces, parece destinado a non cumprirse. Non supón novidade ningunha: o reforzamento de fronteiras é un clásico, xunto coa súa externalización; o aumento de recursos para os países da UE máis afectados sabemos que non cambia as políticas; a milonga da axuda aos países de procedencia dos migrantes xa ninguén pode crer nela porque todos coñecemos xa os obxectivos neocoloniais diso que se chama axudas á cooperación internacional. O máis chamativo probablemente do acordo son eses campos pechados voluntarios para “catalogar” a poboación que chega, pero aquí sabemos ben o que son os CIE, e mesmo isto parecen, CIE só para persoas refuxiadas (primeira clase), o que abre a incógnita do que pretende facer cos simples migrantes económicos (segunda clase). Por outra banda, parece que Italia consegue impoñer unha perigosa liña de sometemento das ONG aos barcos militares ou de salvamento marítimo, mesmo de países tan discutibles como é o caso de Libia.Actualidade

Avanzando un pouco na análise, dúas cuestións das que non se fala tanto e son importantes: a negativa, o feito de que volva a presentarse con grandes palabras a acollida duns centos de miles ou duns poucos millóns de persoas como o grande problema da UE (27 países e máis de 500 millóns de habitantes, bastante ou moi ricos) e o vencellamento deste tema coas ideas e políticas claramente xenófobas dalgúns países europeos. A positiva é que o non-acordo deixa a cuestión, en realidade sempre estivo aí, nas mans dos gobernos da UE. Iso supón que o novo goberno español, máis aló dos xestos, pode e debe facer moito neste tema: o restablecemento da atención sanitaria para residentes en situación de irregularidade administrativa é un cambio substancial; a posibilidade que por un mecanismo similar poida reformarse a Lei de Estranxeiría (que é a que de verdade regula o que sucede nas fronteiras e dentro delas no Estado español) de forma rápida e selectiva, establecendo mecanismos de entrada razoables para as persoas que queren vir aquí; ou a aplicación dos recursos precisos para que se resolvan con celeridade e con criterios acolledores as decenas de miles de solicitudes de asilo que vén recibindo nos últimos anos o Estado español son camiños probablemente máis doados de transitar e, desde logo,  moito máis eficaces.

Esquezamos axiña o famoso non-acordo, non perdamos o tempo falando dos “malos” gobernos racistas da UE, esixámoslle eses cambios ao goberno español porque mellorarán moito as oportunidades das persoas que foxen da miseria e da guerra e salvarán moitas vidas.

Miguel Fernández Blanco (Foro Galego de Inmigración)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: