O noso taboleiro. 13 de xullo, gala solidaria


 

O día 13 deste mes, ás 21.00h, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, vaise celebrar unha gala solidaria, organizada pola ONGD Égueire, co fin de recadar fondos para a posta en marcha de diversos proxectos en Costa de Marfil. O prezo será de 8 euros e a actuación correrá a cargo da coral marfileña Saint Luc Banabakintu.

A ONGD Égueire, que ten a sede social en Mazaricos, está presidida por Désiré Kouakou Tanoh, que neste momento é párroco de Cee e de varias parroquias da contorna. A asociación desenvolve en Costa de Marfil proxectos educativos, sanitarios e de promoción económica a través do soporte con microcréditos de cooperativas de mulleres.

O último proxecto, inaugurado a primeiros do decembro pasado, foi a O noso taboleiro (1)construción  dunha maternidade na poboación de Nandibou 2; neste momento estase poñendo en marcha a construción dunha granxa-escola para a formación agrícola e gandeira da zona de Grand-Lahou. O proxecto estará encravado na poboación de N’Zida, que cedeu 10 has. de terreo para sacalo adiante. A finalidade da gala, e dos varios concertos que andamos a organizar, é recadar fondos para esta iniciativa.

Toda a información en www.egueire.org.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: