Rumores


“Traballar do que sexa, aínda que teña que limpar cus”. Esta expresión se cadra escoitáchela algunha vez. Eu coido que tamén a escoitei e non lle dei importancia nin transcendencia ata que lin a carta que se fixo viral (como se di agora) nas redes sociais. Nesta carta unha auxiliar de enfermería di que se sente orgullosa de ser unha “limpacús” e que é un traballo dignísimo.

Xusto no momento no cal escribo isto tiven que erguerme da cadeira para limpar o cu da miña nena pequena e pola tarde terei que ir a casa de meus pais para limpar o cu da miña nai. A todos nos limparon o cu, se cadra todos limparemos cus e talvez vanche ter que limpar o teu.Rumores

Pero non é o mesmo facelo dende o cariño familiar que facelo profesionalmente. No caso da rapaza auxiliar de enfermería é un caso de profesionalidade que hai que tentar facelo con cariño e respecto cara á persoa que tes diante e cara á propia profesión. Porque limpar un cu é máis que unha medida hixiénica. É un recoñecemento da debilidade humana. É algo que non se pode facer só por cartos. Vivan todos os “limpacús”.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s