Editorial


Que ten o mar de Arousa, meu ben?

Con esta pregunta/verso de Lueiro Rei, convocouse unha das Romaxes de Irimia, a que facía o número 34, no monte Xiabre, co mar de Arousa abríndose ante os nosos ollos.

É unha pregunta contemplativa, que non procura resposta, que expresa abraio pola bonitura da ría, pero que podería chegar a ser en cousa de anos un salaio, un berro de indignación, unha pregunta que si buscaría respostas e responsabilidades en quen deu luz verde ao proxecto, se é que a mina de Touro vai adiante. Ese é o asunto que traemos a este número de Irimia.

Porque todo vai para a algures, porque existe a lei de gravidade, porque os ríos, mesmo o Ulla, teñen a teima de morrer no mar.

A necesidade de minerais, polo consumo desbocado, está facendo que se consideren rendibles xacementos xa abandonados, ou mesmamente, espazos de interese mineiro pero con pouca concentración de mineral que, antes, coas técnicas de extracción tradicionais e os prezos baixos, non era negocio explotar. Pero os prezos e as técnicas cambiaron e á chamada “megaminaría” non lle causa problema poñer de diante atrás e de arriba abaixo unha superficie inmensa, un concello enteiro, con tal de extraer algo dun mineral que cotiza a prezos antes impensables.

A megaminería como modelo non é sustentable. É unha agresión brutal, realizada por unha multinacional allea á terra que deturpa e sen máis interese que o beneficio. De verdade que podemos confiar en que o noso goberno ten a capacidade de controlar e atar en curto a unha multinacional? Estamos certos de que o interese común, o do pobo e a terra galegas, o do seu futuro prevalece sobre outros intereses compartidos, negociacións ocultas e  afinidades ideolóxicas? Por que houbo secretismo?

En todo caso negativa a megaminaría é tamén un desafío para quen proteste na Quintana pero cambie de móbil cada segundo ano. Debería facernos cuestionar o noso modo de vivir, de gastar, de contaminar. Debería cuestionar as reticencias, as desculpas  e as rebeldías contra as molestias de aplicar nas nosas vidas a tripla R: reducir, reutilizar e reciclar.

Porque se non temos pouco dereito a berrar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s